Tempos Dixital | comunicación

Arquivo sobre: comunicación

Entrevista: Michèle Matterlat

Nas facultades de Xornalismo dos anos setenta e oitenta falábase moito dos impactantes traballos de Armand Mattelart. Moito menos dos textos da súa compañeira, pero tamén. Michèle Mattelart publicou en 1977 A cultura da opresión feminina e, en 1982, Mulleres e industrias culturais, libro no que defende que os medios están condicionados histórica e socialmente, e que a súa función responde ás necesidades dun sistema de poder. Trinta e cinco anos despois, no marco do primeiro congreso internacional de comunicación organizado por investigadores galegos integrados en Agacom, advirte dos efectos sobresaturantes dos medios. Denuncia o ambiente “sexista”, e propón obviar o “presentismo” mediático coa lectura de ensaios e a práctica da reflexión. “Hai que evitar os medios que te poden saturar”, postula, e situarse “nos intersticios da globalización sen vendermos a alma”.
Este é un extracto da entrevista realizada por Luís Villamor para o número 249, do mes de febreiro de 2018, para a revista TEMPOS NOVOS

Ler máis

Portada para un asasino

Iolanda Veloso Ríos

Recentemente saíu publicada na portada dun xornal galego unha escandalosa noticia sobre un home condeado por asasinar a súa muller e o seu fillo que estaba cobrando a pensión de viudez. Denunciaba este medio de comunicación a falla de coordinación entre as administracións que permitía que esta persoa cobrase 670 euros brutos ao mes Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011