Eu chorar, chorei,…
Eu chorar, chorei, o domingo á tarde cun Celta histórico
Tan só quixen estar soa. Cando o señor da camiseta amarela soprou o chifre no minuto 92, tan só quixen estar soa. Coa bufanda celeste cubrín a cara e descansei no asento no que levo media vida compartindo penas e alegrías. Balaídos lanzaba ao aire o berro de guerra, o berro de “xa estamos aquí” e mentres os célticos bicaban e abrazaban aos seus irmáns, eu permanecía allea á celebración. Mentiría se digo que non sei o que sentín, que non sei no que pensei ou que non sei como describilo. Read more














