Arquivo sobre: CATALUNYA

Arma de dobre fío

O tantas veces temido choque de comboios –coa DUI proclamada no Parlament…

Ler máis

SUMARIO TEMPOS NOVOS

No noso número de novembro seguimos co análise da realidade catalana e española da man de Manuel M. Barreiro, Justo Beramendi e Luís Álvarez Pousa, sen descoidar outras realidades, como a dos incendios en Galicia, a través do contraste entre as políticas que se desenvolven no noso país (de extinción) e Euskadi (de prevención) e a entrevista ao profesor da USC Edelmiro Lopez Iglesias, integrante da comisión que elaborou o informe sobre os lumes para a Asamblea da República portuguesa.
Falamos tamén das luces e sombras da economía alemá e dos cen anos da Revolución de Outubro; Pilar García Negro reflexiona con nós sobre idioma e política mentras que Víctor Sampedro, María Yañéz e Fernando Blanco xogan ao noso Tres en Raia, nesta ocasión dedicado a liberdade de expresión nas Redes.
E, por suposto, os noso habituais do Todo é Peixe e as seccións de Cultura (pendentes, entre outras cousas, do MARCO de Vigo) e a literaria Protexta.

Ler máis

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis

As fracturas de España

Historiadores de diversas tendencias asumen que España está fracturada. Un…

Ler máis

Preparando as batallas decisivas

Pasados xa case dous meses da constitución dos novos concellos, están xa despexadas as incógnitas sobre os gobernos das comunidades autónomas. Os grandes cambios no mapa político urbano provocan consecuencias políticas de cara ás vindeiras eleicións xerais. É o momento de facer balance dos cambios no poder autonómico e municipal resultantes das eleccións do 24 de maio.

Ler máis

O nacionalismo galego e a independencia de Cataluña

Cada vez falta menos para o 9 de novembro de 2014, día sinalado nas axendas políticas todas por ser para uns a data histórica na que Cataluña decidirá se quere ser un Estado independente, e para outros o día da consulta ilegal que de ningunha maneira se vai celebrar. Para a maioría supoño que se trata sobre todo dunha data marcada pola incerteza e mesmo pola inevitable inquedanza que se deriva da contemplación de dúas razóns e dous poderes que fixeron todo o posible para non chegar a ningún tipo de entendemento.

Razóns teñen tamén os cataláns que queren a independencia, tantas polo menos como os que non a queren. No debate esgrimíronse argumentos de todo tipo, desde os máis trucados, baseados na incrible emotividade que aínda son quen de espertar reais ou inventados agravios históricos, ata os máis (relativamente) obxectivables, que son os que adoitan atopar fundamento na economía. Aínda sen chegaren os asuntos económicos a hexemonizar o debate sobre a independencia na mesma medida en que o fixeron en Escocia, é evidente que as cuestións relacionadas co diñeiro, co nivel de vida e coas expectativas dunha maior riqueza futura están a ser elementos moi importantes para que os cidadáns de Cataluña se

Ler máis

Catalunya, mon amour

No meu artigo publicado no número 200 da edición en papel da revista TEMPOS NOVOS (xaneiro 2014), quedou pendente abordar con certo detalle a cuestión catalá, que leva tempo ocupando o centro do escenario político. O rebumbio crecente de acusacións cruzadas, desafogos viscerais, espasmos patrióticos dun e doutro lado, verdades descontextualizadas, medias
verdades, falsidades mellor ou peor adobadas, espadadas xurídicas, recursos a unha historia sempre manipulada, balances e contrabalances económicos, predicións paradisíacas, escenarios apocalípticos e algunha que outra análise racional, xira todo arredor dunha realidade indiscutible e de dúas preguntas que derivan dela.

A realidade é que, polas causas que sexa, unha abafadora maioría da sociedade catalá quere exercer o dereito de autodeterminación, isto é, quere decidir libremente que facer consigo mesma no que atinxe á súa relación co Estado español, e que unha parte considerable desa maioría desexa que o exercicio dese dereito se oriente no sentido de separar a Cataluña de España para constituír un novo Estado dentro da Unión Europea. E de aquí veñen as preguntas. Primeira: é lexítimo, dentro dos principios universais da democracia moderna, ese dereito? Dito doutro modo: é democrático que a sociedade catalá manifeste a súa vontade maioritaria nese asunto ou o democrático é impedirlle que o faga por aplicación da legalidade constitucional vixente? Segunda pregunta: a hipotética secesión de Cataluña sería beneficiosa ou prexudicial para os seus habitantes? (En que sería claramente prexudicial para o resto de España hai acordo).

Ler máis

Entrevista Michael Keating

Autor do libro a Independencia de Escocia, este catedrático de Ciencias Políticas da Universidade de Aberdeen cre que Europa non é obstáculo para unha Escocia independente. A nación escocesa celebrará un referendo de independencia o 18 de setembro deste
ano, co visto e prace de Inglaterra, tras a sinatura do chamado pacto de Edimburgo. David Cameron e Alex Salmond selaron a consulta, que vén precedida dun intenso debate económico sobre as vantaxes e inconvenientes dun hipotético trunfo do independentismo. Michael Keating cre que esta vez, se cadra, non gañará o independentismo, pero deixará aberto o escenario para
futuras consultas. O profesor e experto, que vén de dar unha conferencia no Consello da Cultura, observa que en Gran Bretaña o simbólico é recoñecido, e “non hai problemas con palabras como nación, identidade ou seleccións deportivas”. En España xa non sería o mesmo.

Trescentos anos con Inglaterra, e acabará celebrando un referendo de autodeterminación. Tan mal lle foi a Escocia con Inglaterra ou é unha cuestión de reconstrución nacional?

Si, é unha cuestión de reconstrución do país como comunidade política, porque dentro da UE hai unha Escocia como espazo cultural, cunhas tradicións, mais con excepcións. Dende finais do século XIX hai un movemento para a autonomía, que trunfou finalmente despois de cen anos. Antes destes cen anos houbo tamén unha intención de descentralización administrativa, cun ministerio para Escocia, dirixido a aplicar as políticas públicas. Escocia tivo todas as institucións dun Estado, con excepción dun Parlamento.

Ler máis

CONTIDOS TN 202

Xa está na rúa o número 202 da revista TEMPOS NOVOS. Na nosa sección EN…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011