Arquivo sobre: BNG

Feijoo non ten ofertas

Xesús Veiga

De aquí ao 21 de Outubro asistiremos a unha confrontación argumental que presenta varias certidumes e algunha incógnita. Sabemos que o PP de Alberto Núñez Feijoo vai concentrar todo o seu arsenal mediático na descualificación da alternativa gobernamental que puideran construír as forzas da oposición e vai capitalizar as marxes de confianza que destilan os inquéritos existentes a respeito da propia figura do actual presidente do executivo galego. Na sala de máquinas que pilota Alfonso Rueda son conscientes das eivas básicas que deben aturar nestas semanas: a carencia de resultados substantivos na xestión realizada dende San Caetano e a grave hipoteca que supón a presenza de Rajoy na Moncloa por mor das políticas destrutivas do benestar social conquistado nas últimas décadas. Read more

Ler máis

O test do 25 de xullo

Xesús Veiga

Tradicionalmente, o Día da Patria é un test que serve para coñecer as propostas que formula o nacionalismo galego a respeito dos problemas que ten o País e permite, ao mesmo tempo, medir o nivel de resposta popular que é capaz de concitar en cada conxuntura anual.

Nesta ocasión, o contexto económico, social e político resultaba moi singular. O estancamento da economía galega e os graves impactos sufridos pola maioría da poboación como consecuencia dunha crise que naceu lonxe do espazo territorial da nosa nación certifican a evidencia dun balanzo moi mediocre do goberno de Núñez Feijoo. Read more

Ler máis

E digo eu

Hai unha maza por aí?
O xornalista e filósofo Josep Ramoneda é unha desas persoas (das poucas que quedan por aquí preto) que aínda causan admiración cando un os le ou escoita. Reflexiona sobre o futuro da socialdemocracia en España no Gara (5-02-2012) e sinala que o PSOE non reparou en que Aznar gobernou cun proxecto claro de “reconquista ideolóxica, Read more

Ler máis

Chorén: «É tempo de pechar feridas e mirar ao futuro»

Xosé Chorén (Lugo,1967), funcionario de Correos, é na actualidade o director da Oficina Principal en Lugo. Foi, entre outras cousas, concelleiro na cidade lucense polo BNG antes da súa marcha, e trala VI Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista foi elixido Secretario Nacional, relevando no cargo a Alberte Xullo Rodríguez Feixóo. Read more

Ler máis

Esquerda Nacionalista

Paulo Carlos López

Teño que admitir que comecei en Esquerda Nacionalista por reacción. Estaba en segundo de carreira, e con pouco máis de catro anos de militancia no Bloque, chegara á conclusión de que a única forma de intentar transformar o BNG era organizándose internamente: a sinxela premisa de achegarse aos e ás que pensan de xeito análogo a ti, nas coordenadas do nacionalismo cívico e da esquerda democrática.

Read more

Ler máis

O Parlamento Europeo aposta por aumentar a representación feminina nos consellos directivos

Como todos os anos, o mes de marzo foi un mes especial para a muller. O día 8, as mulleres traballadoras, a maioría dun xeito ou outro, recibimos o noso recoñecemento anual. Pero nesta ocasión, a distinción trascendeu o carácter simbólico para acoller unha demanda institucional. O Parlamento Europeo vén de aprobar dous informes para establecer un sistema de cuotas e fomentar a paridade home-muller nos consellos de administración das grandes empresas e na vida política. Read more

Ler máis

Pormos os marcos

Xoán Antón Pérez-Lema

A transversalidade e a centralidade como eixos do novo galeguismo

Os grupos e persoalidades individuais adscribíbeis no galeguismo están a vivir un proceso de debate e análise do que podería sai a formulación política do novo proxecto galeguista. Participan deste debate persoas que militaron até hai pouco (noutros casos até hai algún anos) no BNG xunto con outros sen militancia anterior notoria Read more

Ler máis

A derrota da esquerda e o debate socialista

Os resultados das eleccións do 20 de novembro dan lugar a unha nova paisaxe política tanto en Galicia coma en España, confirmando o forte sinal que enviaran xa as eleccións municipais e autonómicas de maio de 2011. En España o Partido Popular obtén unha amplísima maioría absoluta, superior á de Aznar

Ler máis

Santi Domínguez: «Estamos dispostos a negociar un acordo co PSOE, sempre que haxa respeto mutuo»

8 meses despois das eleccións municipais de maio, a cidade máis poboada de Galiza, Vigo, segue cun goberno en minoría do PSOE, mentres o seu antigo socio de goberno, o BNG, recupera un perfil opositor cara a Abel Caballero. Conversamos co portavoz municipal nacionalista, Santi Domínguez.

Ler máis

Un paso adiante e dous atrás, Galicia

Dentro do dossier especial de análise dos resultados do 20N publicado no último TN de 2011, incluímos a do sociólogo Fermín Bouza, apoiada nos datos de evolución do voto no Estado desde 1993. Na Galicia a situación merece unha interpretación específica, que pode resumirse no verso de Díaz Castro que da título ao artigo.  Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011