Arquivo sobre: bigotes

Raíces da corrupción política

Recuperamos aquí o primeiro de dous artigos publicados na revista TEMPOS NOVOS en novembro de 2009, a pouco de se destapar o caso Gürtel que colocou contra as cordas ao PP evidenciando as estreitas relacións entre poder e corrupción política. Saltaron daquela unhas alarmas que cada día soan con forza renovada. E xa daquela sabiamos que a corrupción viña de lonxe, dunha política moi devaluada e dos descubertos legais que daban vara ancha a partidos e concellos para financiarse en negro. A vindeira semana publicaremos o segundo do artigos, «A corrupción ten raíces fondas» de Marcos S. Pena.

por Fernando Jiménez
A corrupción e os escándalos políticos asociados á súa saída á luz pública parecen constituír dende hai xa algúns anos un elemento máis da vida política das nosas sociedades. A vaga de escándalos de corrupción aféctalles a moitos países case ininterrompidamente dende mediados da década dos oitenta e estivo basicamente relacionada cos problemas do financiamento dos partidos e con algúns dos procesos de reprivatización de empresas públicas.

Discutiuse moito sobre as causas desta vaga. En concreto, debateuse se este incremento no número de escándalos viña causado …

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011