Arquivo sobre: big data

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Comezamos o 2018 cunha profunda análise sobre as avantaxes e riscos do big data, unha realidade na que vivimos inmersos, ás veces de xeito inconsciente, e que por unha banda nos facilita a vida ao tempo que, por outra, nos obriga a participar dun negocio global de xeito particular. Sobre o papel da tecnoloxía, e o seu impacto na sociedade, falamos tamén co catedrático de Ciencias da Información da Universidade París VIII Armand Mattelart, nunha extensa entrevista.

Neste número falamos da recente ruptura do statu quo de Xerusalén nunha ollada á actualidade internacional, pero tamén de cultura, concretamente dos corenta anos do Museo do Pobo Galego e da afouteza (palabra galega do ano pasado) dos que fixeron e fan posible a súa vixencia e valor para o conxunto da cidadanía. Sen esquecer os libros do noso xa clásico Protexta e moitos máis contidos relacionados coa política, o pensamento, a cultura e a arte para que neste mes de xaneiro non falten nin a información, nin a opinión nin o debate.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011