Arquivo sobre: Bárcenas

O PP e a rexeneración da democracia

A necesidade de “rexenerar” a democracia española está de actualidade, e máis despois do susto que levaron todos coa irrupción de Podemos. E o PP, por non ser menos, en xullo acudiu lixeiro á opera querendo ser primeiro tenor cun plan supostamente contundente que contén dúas medidas “estrela”: que haxa máis “transparencia” (?) nas administracións e nos partidos e o seu vello mantra de que sexan alcaldes os cabezas das candidaturas máis votadas (aínda que esa candidatura non acade a maioría da corporación). Desta vez non dixo que esa mesma regra debería aplicarse en todas as instancias representativas, pero todos sabemos que iso é o que lle pide o corpo.

Estamos perante unha auténtica vontade de rexeneración, perante unha operación de imaxe máis ou simplemente é un intento á desesperada de cambiar as regras do xogo para mandar en máis concellos á custa dos demais? A oposición denuncia que este último é o verdadeiro motivo, e a vontade manifestada polo PP a finais de agosto de que fará a reforma aínda sen consenso para que se aplique nas vindeiras eleccións municipais parece darlles a razón. En todo caso, para analizar o asunto coa maior dose posible de argumentos racionais e a menor posible de bile e partidismo, debemos examinar antes os padecementos do doente e comprobar despois se a apócema receitada é acaída para curalos ou alivialos.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011