Arquivo sobre: banca

Banca e armas, matrimonio de comenencia

No mundo hai de maneira permanente máis de 20 conflitos armados. Cando un camiña cara á resolución e baixa a intensidade da violencia armada, aparece outro para manter o nivel de actividade militar. As guerras suceden por múltiples factores, e non é obxecto deste artigo analizalos, pero, hai varias cuestións que o sentido común fai que nos expoñamos recorrentemente. Seica non é posible acabar coa violencia armada cando sabemos cales son os conflitos existentes, aqueles que poden levar a niveis de violencia en que as armas xogan un papel determinante, se sabemos tamén as mil e unha maneiras de previlos, de atallalos ou de reducir o seu impacto, e tendo en conta que tamén sabemos cales son os conflitos existentes, aqueles que poden levar a niveis de violencia en que as armas xogan un papel determinante…

Ler máis

Por unha revolución ética

Francisco M. Hidalgo

En tempos de extrema dificultade, e despois de tantos chamamentos ao sacrificio, a solución á profunda crise non se ve por ningures. As grandes palabras conquistaron os titulares, mentres os conseguintes grandes feitos tardan en chegar… se algún día o fan. Ata o día de hoxe escoitamos promesas sobre a refundación do capitalismo, sobre as profundas reformas estruturais pendentes e inminentes, ou sobre a renovación do valor do compromiso colectivo. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011