Arquivo sobre: Asociación de medios en galego

Un día do galego para os medios en español

A Asociación de Medios en Galego lamenta a discriminación da Xunta sobre os medios escritos na lingua do país con respecto aos que o fan en español, e reclama o cumprimento do artigo 19 da Lei de Normalización Lingüística cando marca que «o goberno galego prestará apoio económico e material aos medios de comunicación (…) que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo».

Ler máis

En contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación

O Parlamento de Galicia rexeitou onte a toma en consideración da proposta de Lei de Publicidade Institucional que presentou a Asociación de Medios en Galego co apoio dos grupos parlamentares do BNG e AGE.
A Asociación de Medios en Galego tomou a iniciativa de presentar este documento debido á inacción da Xunta de Galicia, aínda que esta Lei fora anunciada por Alberto Núñez Feijóo en repetidas ocasións desde que accedera á presidencia da Xunta de Galicia hai xa seis anos.
Todos os grupos parlamentares, agás o do PP, apoiaban a tramitación parlamentaria desta proposta que finalmente quedou desestimada.
«Vostede non ten vergonza» espetoulle a deputada do BNG Montse Prado á representante do Partido Popular Paula Prado, despois de que ésta afirmara que

Ler máis

A Asociación de Medios en Galego presenta a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional

A Asociación de Medios en Galego, da que forma parte TEMPOS NOVOS, presentou no Rexistro do Parlamento Galego a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional.

Fíxoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG, unha vez que o PSdG asegurou que apoiará a proposición pero que non recoñece todo o texto e o PPsG lembrou que está traballando na súa proposta. A entidade indicou que pretende “protexer,
cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da
publicidade aos medios de comunicación.

Ler máis

Nace a Asociación de Medios en Galego

Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores da «Asociación de Medios en Galego», un grupo que ten coma obxectivo afortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego, entre outros. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011