Arquivo sobre: Arcadio López

O sector lácteo, nunha nova encrucillada

Días despois da desaparición do sistema de cotas, o sector lácteo galego afronta un novo tempo comercial que se abre sen ter a seguridade que lle podería proporcionar a existencia dun grupo lácteo galego. A situación fora xa denunciada na revista TEMPOS NOVOS (Nº 199, decembro 2014). Parece seguro un incremento mundial da demanda, á que atenderá Europa con menos e máis grandes explotacións. O debate ocupará un lugar central no debate político diante das múltiples convocatorias electorais deste 2015.
Recuperamos a continuación o artigo asinado por Antón Fernández Oca, Manoel Barbeitos e Xabier Iglesias onde dabamos conta, hai xa máis dun ano, dunha situación que hoxe é xa una realidade pendente de encauzar.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011