Arquivo sobre: Alparbardas Verdes

Alpabardas Verdes

TEMPOS NOVOS ofrécevos o artigo gañador do XIV Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores Concello de Carballo 2018, para publicar nos medios colaboradores o domingo 27 de maio. Trátase de «Alpabardas Verdes», de Carlos Lixó:

«Entrei na casa e bañoume un cheiro intenso a caldeirada, a voz de miña nai ouvíuse no fondo, atende ao que ten túa nai, unha cousa que nunca viches, tróuxenos para ti. Enriba da mesa uns toros de peixe cocido que para os meus ollos pouco espertos podería ser perfectamente xarda apañada antes do tempo. Abre un, abre. E fiquei parvo. Tiña por dentro unha espiña dunha cor tan bonita e tan intensa e tan difícil de definir… O máis próximo sería o espazo entre verde mar e azul turquesa. Apunta a palabra que despois esquénceme, son pataguillóns.»

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011