Arquivo sobre: Alberto Núñez Feijoo

Cara de cemento

O cemento obtense da mestura de cal, sílices, aluminio e óxido de ferro, aos que en ocasións se lles engaden outros materiais, como a bauxita ou a area fina. O resultado é un po que ao ser mesturado coa auga se converte nunha pasta gris, pegañenta e maleábel que ao secar se volve dura e resistente coma unha pedra. Deste conglomerado final, feo e impenetrábel, é de onde vén a imaxe “ter unha cara de cemento”. Se o complementamos con pedregullo e ferralla obteriamos o formigón armado. Teriamos entón unha cara coma o formigón armado. Esa é a cara de Alberto Núñez Feijóo.

O cemento non é un material nobre, pero é rendíbel. En termos de dureza e inflexibilidade a cara de cemento é o estadio superior á “cara de pau”, e permítelle a quen a ten afirmar que a noite é día ou que o lume non queima sen pestanexar e sen que lle tire un tendón facial. Se un gobernante quere lucila sen que lle chamen feo e insensíbel non pode facelo en…

Ler máis

Contabilidade creativa

Xesús Veiga

Pasou o mes de Abril, cumpríronse tres anos dende a chegada de Alberto Núñez Feijoo á presidencia da Xunta e non existiu a campaña propagandística que cabía imaxinar, coñecendo os precedentes e os talantes que caracterizan aos actuais inquilinos de San Caetano.

Cando alguén administra recursos públicos debe render contas periódicas do seu labor. Convencionalmente, utilízanse os intervalos anuais para facer un balanzo dos resultados da xestión dos gobernos. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011