Arquivo sobre: 7 de febreiro

I GALA DOS MEDIOS EN GALEGO

A I Gala dos Medios en Galego reuniu hoxe no local da Liga de Amigos de Barallobre, en Fene, a representantes políticos e do mundo cultural e social da man asociación Amega (Asociación de Medios en Galego), impulsora da celebración. A gala é a antesala da celebración do Día dos Medios en Galego, para o que se elixiu o 7 de febreiro por coincidir co aniversario do nacemento da publicación periódica “O tío Marcos da Portela”, xurdida en Ourense en 1876 con Valentín Lamas Carbajal como editor. Será precisamente o vindeiro mércores día 7 cando o Parlamento de Galicia faga unha declaración institucional apoiada por todos os grupos políticos.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011