Arquivo sobre: 25S

A traizón dos medios

Son moitos os factores que puxeron os medios de comunicación na tesitura existencial…

Ler máis

ENTREVISTA A CAMILO NOGUEIRA

Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) amósase partidario de procurar un acordo entre “as distintas variantes do nacionalismo democrático”, debrúzase na varanda política postelectoral para concluír que o problema de Galicia é que “está vista por un españolismo negador”. Reivindícase como defensor da idea de Europa, fala do seu traballo pioneiro como deputado de Esquerda Galega. Ao seu ver, goberna de novo o PP porque “aquí non se construíu unha alternativa nacional galega”, e porque a dispersión “fai que se perda toda a potencialidade”. O vindeiro 11 de novembro recibirá en Compostela unha homenaxe á que acudirán centos de persoas, un acto no que se quere recoñecer publicamente a dedicación de toda a súa vida á causa do País.
Reproducimos a entrevista publicada no número 233 (outubro 2016) da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis

25S. O día despois

Francisco Martínez Hidalgo

A intención estaba clara. Un grupo de cidadáns querían axuntarse arredor do Congreso dos Deputados e facerlles chegar aos seus representantes, de viva voz, o descontento co seu traballo de representación. Poucas accións hai igual de inherentes e lexítimas a un sistema democrático indirecto como o noso ca esta. Se cadra hai métodos indirectos igual de válidos, como enviar correos electrónicos ou cartas, ou outros directos como solicitar xuntanzas para presentar calquera tema concreto, pero ningún destes se amosa eficaz cando o descontento é amplo co aspecto xeral do traballo parlamentario –segundo o CIS o 24% da poboación española considera á clase política e aos partidos un dos principais problemas de España. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011