Arquivo sobre: 1-O

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011