COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

Tempos Novos 175, na rúa cun especial sobre o 20N

O Tempos Novos de decembro xa está camiño das casas dos suscriptores e dos quioscos; cun dossier especial sobre os resultados das pasadas eleccións do 20 de Novembro. Justo Beramendi, Fermín Bouza, Carlos Neira, Xoán López Facal e Enrique Negueruela os autores responsables da análise post-electoral. Non nos esquecemos da supresión do «Preescolar na casa», como corresponde á preocupación constante polo ensino público que sempre ten amosado a nosa revista.

O número 175  da nosa revista conta coa entrevista a Xosé Manuel Beiras realizada por Marcos Pérez Pena (e da que xa se publicou un anticipo neste mesmo dixital), outra entrevista a Santiago Alba Rico, e as correspondentes seccións fixas que asinan Manolo M. Barreiro e Bieito Iglesias Araúxo. Xabier Macías, colaborador de Tempos Dixital, asina a «obertura». Os temas das editoriais tratarán sobre a postración política do PSdeG e do BNG, así como sobre a crise económica que sofre a Unión Europea.

Por último, no aspecto cultural, destacan a publicación da segunda parte do artigo de Manolo González, sobre o modelo audiovisual durante o bipartito e durante o fraguismo (a primeira parte tamén está publicada no dixital). Así mesmo, contamos cunha crítica de teatro de Imma López Silva, unha reportaxe sobre o festival de cinema de Xixón e moitos outros temas que serán do voso interese.

 

Avatar of Tempos Dixital

Edición dixital da revista Tempos Novos
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011