Xa na rúa o número de novembro de Tempos Novos
Temas: 15M, 15O, caixas, corrupción, Justo Beramendi, Lara Graña, Leiceaga, Tempos Novos, Xavier Vence, Xurxo Borrazás
Xa podedes atopar nos vosos quioscos (e os suscriptores e suscriptoras recibiredes en breve nas vosas casas) o número de novembro de Tempos Novos, que analisa a fondo o saqueo do sistema financeiro galego, no dossier «Expolio e traizón». Contará con textos de Xavier Vence, Lara Graña, Ramón Yáñez, Xóaquín Fernández Leiceaga e Ramón Fernández Braxe.
Justo Beramendi e Fermín Bouza analizan os novos escenarios políticos, Marcos Pérez Pena escribe sobre o 15M e Xurxo Borrazás volverá a deleitarnos cun artigo sobre a «Teoría crítica do consenso».
Como sempre, continuarán as sección fixas asinadas por Manuel M. Barreiro e Bieito Iglesias Araúxo, así como unha entrevista a Agustín Fernández Paz. E para rematar, destacar que TN porá o foco para analisar os casos de corrupción que sacudiron a cidade de Lugo (Nupel e Carioca, entre outras).
Deixa un comentario
Únete ao debate!A publicación de comentarios está suxeita a moderación.
Enter your WordPress.com blog URL
http://.wordpress.com
Proceed