COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS Novos nº 246 (novembro 2017)

No noso número de novembro seguimos co análise da realidade catalana e española, despois da aplicación do 155, da man de Manuel M. Barreiro, Justo Beramendi e Luís Álvarez Pousa, sen descoidar outras realidades, como a dos incendios en Galicia, a través do contraste entre as políticas que se desenvolven no noso país (de extinción) e Euskadi (de prevención) e a entrevista ao profesor da USC Edelmiro Lopez Iglesias, integrante da comisión que elaborou o informe sobre os lumes para a Asamblea da República portuguesa.

Falamos tamén en Tempos Novos das luces e sombras da economía alemá e dos cen anos da  Revolución de Outubro; Pilar García Negro reflexiona con nós sobre idioma e política mentras que, noutras páxinas, Víctor Sampedro, María Yañéz e Fernando Blanco xogan ao noso Tres en Raia, nesta ocasión dedicado a liberdade de expresión nas Redes.

E, por suposto, non faltan neste Tempos Novos de novembro os contidos de Todo é Peixe e as sección de Cultura (pendentes, entre outras cousas, do MARCO de Vigo) e a literaria Protexta.

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011