COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS Novos nº 242 (xullo 2017)

O IMPERIO BARRIÉ. Acta de defunción

Número 242 de TEMPOS NOVOS

O investigador e profesor de historia económica, Xoán Carmona, e o economista e ex director xeral do banco Pastor, Enrique Sáez, parten da caída do Popular (o banco nodriza do Pastor desde que o adquirira hai case cinco anos) para analizar e interpretar a desaparición do buque insignia do que durante tantos anos foi o «imperio Barrié». Tamén funcionou niso o mal fado: os Botín, que en tantas ocasións tentaron inutilmente engulir o Pastor, conseguírono á fin por un euro simbólico (o prezo pola adquisición do Popular+Pastor). Coa Fundación nas súas horas máis baixas, empobrecida de recursos e moi posiblemente tamén coas horas contadas, coa que fora a xoia da coroa, Fenosa, absorvida por Gas Natural, e coas industrias que formaron parte do emporio noutras mans (Astano, nas do INI), a entrega do seu buque financeiro ao Santander non é senón a ACTA DE DEFUNCIÓN do que foi o imperio Barrié.

Jordi Guixé Coromines, director do Observartorio Europeo de Memorias, reflexiona nesta entrevista sobre a situación da recuperación das vítimas do franquismo, sobre o presuposto cero de Rajoy para esta partida e sobre o Val dos Caídos.

O machismo na política. Asisitimos ao inmenso cambio social que está a proporcionar o paradigma feminista. É mpoito máis que un movemento social, un fenómeno sociolóxico puntual ou un xeito individual de entender a vida. Trátase dun complexo e profundo sistema de ideas. Un artigo de María Xosé Porteiro.

Justo Beramendi asina a súa  análise dos últimos movementos da política despois dos acontecementos: as fallidas mocións de censura aos gobernos de Cifuentes e Rajoy, a liquidación do Banco Popular-Pastor, a sentenza de insconstitucionalidade da amnistía fiscal de Montoro, a presentación do referendo catalán…

E moito máis que saber e coñecer no novo número de TEMPOS NOVOS.

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011