COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS Novos nº 240 (maio 2017)

PORTUGAL INSUBMISO

Falamos do que ocultan Europa e a práctica totalidade dos medios de comunicación comerciais: do éxito en que deu en Portugal a rebelión contra as políticas de austeridade impostas pola troika. Un informe completo asentado sobre dous piares «milagrosos»: o da alianza das esquerdas para botar do poder aos austericidas cómplices -as dereitas encabezadas por Passos Coelho-, e o dos resultados económicos, políticos e sociais, que están sorprendendo á comunidade internacional.

O rescate dos cidadáns prioriza desde hai apenas ano e medio a acción do goberno que as dereitas e os gobernantes sometidos á troika, como Rajoy, tentaron ridiculizar apodándoo «goberno da geringon¢a», e todos os indicadores sociais voltaron aos niveis de antes da crise, baixando o paro ata o 9’7 por cento, subindo os salarios, subindo as pensións e o salario mímino, e devolvéndolle á sanidade e o ensino os orzamentos recortados.Medra a economía, e o déficit -eis o máis sorprendente de todo- está no 2’1 por cento, o nivel máis baixo en todos os anos de democracia.

Entenderase mellor por que tanto silenzo sobre o que está sucedendo en Portugal. Temen o contaxio, e se tal ocurre, adeus á colonización financeira dos países europeos do Sur polos do Norte…

Neste mesmo número 240 de TN,  debate sobre o presente e o futuro do Centro Dramático Galego (CDG: demolición a cámara lenta?), e un especial de 25 páxinas sobre a personalidade e a obra de Carlos Casares.

Moito que saber e moito máis que coñecer.

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011