COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

I PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

O concello de Fornelos de Montes, seguindo no seu empeño de apostar pola cultura e a lingua, convoca a I edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, de artigos inéditos en galego no ámbito da denuncia social, por ser este, o do compromiso social, a liña literaria de Lueiro.

A convocatoria estará aberta a partires do día 29 do presente mes e pecharase o 30 de xuño. As bases poden baixarse da web do concello: www.fornelos.com

Fornelos que xa ten un premio de poesía, a cuxa convocatoria concorre un amplo número de poetas, e conta con gañadores de prestixio coma, Silvia Penas, Eli Ríos, Luís Valle, Marcos Abalde ou Isaac Xubín, implícase agora nesta nova aventura literaria, co compromiso de seguir divulgando a figura e a obra do escritor nacido en Fornelos, Manuel Lueiro Rey.

Lueiro, que deixou unha importante obra literaria, tanto en narrativa coma en poesía, escribiu tamén infinidade de artigos que publicou en diversos medios, tales coma, o semanario Litoral o País de Pontevedra, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Hoja del Lunes,  A Nosa Terra, etc., algúns deles recollidos no libro, Crónicas dunha transición intransixente e Novas crónicas dunha transición intransixente, este último editado por Laiovento e que foi publicado o pasado ano 2016, con motivo da celebración do centenario do nacemento do escritor.

Existen, xa un premio de narrativa que convoca o concello do Grove, o de Fornelos de poesía, e consideramos que con este de xornalismo quedan cubertas as tres facetas literarias de Lueiro.

As bases do I Premio de Xornalismo atópanse na web do concello: www.fornelos.com

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011