COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Nº 236 de TEMPOS Novos: TRIBOS ADOLESCENTES

Tribos adolescentes, un texto de Miguel Vázquez Freire, é o tema de portada do número de TN que está nos quioscos.O artista e ensaísta Antón Patiño homenaxea ao recentemente desaparecido John Berger. Justo Beramendi analiza a sobredose de incógnitas que depara o 2017. Goretti Sanmartín afonda nas causas da violencia machista, e define como feminicidio a escalada de asasinatos de mulleres. Xurxo Borrazás mételle unha vez máis a subela á política que algúns gobernantes practican como un exercicio de simulación. O goberno de coalición en Euskadi: dous conselleiros do PNV e do PSE valoran o reencontro das dúas culturas políticas. Roberto Mansilla, do IGADI, escribe sobre a balcanización do conflito sirio. E o novo académico da RAG, o científico Jorge Mira fala para TN nunha entrevista que lle fai o xornalista Luis Villamor: «Desbótase o paradigma científico de que cando dúas linguas coexisten, unha delas acaba extinguíndose».

Toda unha oferta crítica (cinema, Series, Música, Cómic, Teatro, Videoxogos, libros…para que os lectores e lectoras da revista saiban o que escoller entre as novidades culturais. E Dani Álvarez dá conta dos 10 acontecementos de rock duro previstos para o 2017, entre eles o Resurrection Fest de Viveiro/Celeiro.

O editorial «Presos e dramas» (cos directivos da vella Caixanova que entraron no cárcere como referecia) e as seccións fixas de Antón Baamonde, Iolanda Zúñiga, Damián Villalaín, Rexina Vega e Anxos Sumai, pechan as páxinas de opinión.
E, ademais, un Dossier sobre os viños galegos, con artigos de tres expertos.

Todo iso e máis no número que enceta a celebración do 20 aniversario da revista.

___________

 

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011