ACTIVISMO E SOCIEDADE

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS NOVOS nº 251 (Abril 2018)

Neste mes de abril, que comeza marcado pola decisión do tribunal alemán de liberar baixo fianza a Carles Puigdemont, tras non apreciar delito de rebelión, e as repercusións legais e políticas que iso terá no Estado español, Tempos Novos segue a traballar na análise política desta e outras situacións. Mais, neste número 251, a revista tamén olla ao mar, cunha profunda análise do peso que o sector da baixura, o tradicional, ten na economía galega, complementada cunha reportaxe sobre o fenómeno endémico do furtivismo e o testemuño, en primeira persoa, dun home do mar.

Tempos Novos viaxa nas súas páxinas á dramática realidade de Markazi, o campo de refuxiados iemenís, cunha crónica especial, e afonda, de volta á casa, na situación dos espazos galegos de arte contemporánea e na recente decisión da Xunta de apostar por un modelo cultural de grandes eventos de costas ao tecido cultural-profesional do país.

Como todos os meses, a revista ofrece a sección de crítica literaria Protexta, así como espazos adicados a diferentes manifestacións artísticas e culturais, opinión e reflexión.

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011