ACTIVISMO E SOCIEDADE

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS NOVOS nº 253 (Xuño 2018)

Informe UNHA RTVE PROSTITUIDA

Nun documentado informe que ocupa 14 páxinas deste número de xuño, TN repasa e analiza as decisións gobernamentais que empobreceron, estrutural e funcionalmente, os medios públicos estatais. Rajoy someteunos a partir do 2011 aos seus intereses e aos do PP (convertindo TVE na súa máquina branqueadora de corupcións e tomas de decisión autoritarias), a etapa máis negra pola práctica sistemática de manipulacións e censuras. Porén, malia telos desgobernamentalizado coa lei do 2006 (ata que chegou Rajoy e mandou parar), foi Zapatero o que puxo a eses medios a dieta (prohibiulles contratar publicidade, para contentar ás televisións privadas, non podendo seguir sendo tan competitivos) . E tanto ZP como Rajoy afortalaron o duopolio televisivo que representan Mediaset e Atresmedia, sempre en perxuizo dos medios públicos (os estatais e os autonómicos) ao permitirlles que controlen máis do 60% da audiencia española e máis do 80% da publicidade.
Son os profesionais da RTVE os que protagonizan desde hai meses unha campaña esixindo que se leve a cabo o acordo acadado en setembro do 2017 polos grupos da oposición, ao que acabou sumándose de maneira remolona o PP, a lei que ordena a elección dos directivos da CRTVE por concurso público e non a dedo como fixo Rajoy ata a caída do seu goberno. Porque é como poden acabar coas manipulacións e censuras que os mesmos traballadores e traballadoras veñen denunciando ante o Parlamento Europeo, o Parlamento Español e de maneira tan visible vestindo de negro todos os venres diante das cámaras.
O informe de TN dá conta de todo iso e moito máis.

RAJOY KAPPUT
O ensaísta e analista Justo BERAMENDI recolle na súa crónica o acontecemento político do ano. E José Luis FRANCO GRANDE dálle un repaso crítico á época Rajoy.

Desde Euskadi, Dani ÁLVAREZ recolle o que deu de si o encontro ao que acudiron o analista británico John CARLIN, o ensaista INNERARITI, o político vítima do terrorismo etarra Eduardo MADINA e o ex etarra e líder abertzale Arnaldo OTEGI, o mesmo día en que ETA confirmou a súa disolución definitiva.
Desde Bruxelas, a xornalista Ruth SOUSA trouxo as testemuñas de cantos e cantas están sendo en España vítimas directas da Lei Mordaza, despois de o denunciaren nunhas xornadas sobre A Liberdade de expresión e de Prensa celebradas no Parlamento.

ENTREVISTA
GONZÁLEZ CASANOVA, un dos redactores da Constitución do 78, foi entrevistado polo xornalista Luís Villamor e asegura que a Carta Magna permite a celebración dun referendo legal en Catalunya.

ANXOS FAZÁNS e o cinema galego máis vivo
Unha entrevista coa directora Anxós Fazáns, da que se estrea nos cines de Galicia, Madrid e Barcelona a súa película «A estación violenta».

A sempre ácida e mordaz entrega mensual do escritor Xurxo BORRAZÁS e a sempre lúcida análise da actualidade política que fai Antón BAAMONDE son, canda as colaboracións fixas da sección Todo e Peixe e crítica cultural (libros, música, series TV, artes plásticas, cinema…), outro caudal de textos que abren o apetito do saber máis e mellor.

Un número de TEMPOS NOVOS que chega poñendo os puntos sobre os ís da actualidade.

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011