ACTIVISMO E SOCIEDADE

SUMARIO TEMPOS NOVOS

TEMPOS NOVOS nº 252 (Maio 2018)

Cincuenta anos despois da Primavera do 68 preguntámonos que foi daquel espírito revolucionario, tan mitificado por uns como minimizado por outros, a través dunha ampla análise que nos amosa as claves dese maio que, dalgún xeito, mudou o mundo. Achegámonos tamén á crónica internacional coa hipótese dunha nova «guerra fría» capitaneada polo presidente Trump e co relato das últimas semanas de Lula da Silva antes de entrar na cadea.

Non nos esquecemos da crónica política e cultural nin das entrevistas, este mes co xurista Javier Pérez Royo e o xornalista galego Fernando González «Gonzo», así como das páxinas dedicadas ao pensamento e a ciencia e dámonos unha volta polo Carballo Interplay, o exitoso festival de webseries e contidos dixitais que acaba de pechar a súa cuarta edición.

Pero maio é sen dúbida algunha o mes das nosas letras e do noso idioma. Por iso, neste número dedicámoslle, da man de importantes nomes da nosa cultura, un completo especial a María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011