ACTIVISMO E SOCIEDADE

Sexismo no programa do PP para a alcaldía de Ourense

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense presentou o seu programa electoral «con ilusión por amosar o noso modelo de cidade». O político salientou que o programa consta de dez grandes bloques no que se encadran 200 medidas «participativas, ambiciosas e, sobre todo, que poidan ser cumpridas. Queremos facer realidades».

Con todo, a presentación das propostas conservadoras xerou polémica segundo recolle o dixital <a  href="http://www.galiciaconfidencial.com/nova/23572-mozas-suxeitador-programa-pp-ourense">Galicia Confidencial</a>, membro da Asociación de Medios en Galego,  por unha imaxe na sección de mocidade, en concreto na páxina 44, na que se aprecia unha fila de persoas, a maioría mulleres. Varias delas aparecen en sostén e vaqueiros. Hainas tamén en toalla e tacóns, ou con uniformes que parecen de animadora.

Inmediatamente chovéronlle as críticas ao PP de Ourense. «É a idea que o PP ten da diversidade e da xuventude?» preguntouse Laura Seara. Para a deputada do PSdeG a imaxe  é «decadente» e «sexista». Noela Blanco Rodríguez, secretaria provincial de Medio Ambiente dos socialistas en Ourense, denuncia que «elas en suxeitador e toalla, eles en vaqueros» e que a «a campaña dirixida á mocidade do PP de Ourense destila sexismo».

Avatar of Tempos Dixital

O autor aínda non ten ningunha información no seu perfil.

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011