COMUNICACIÓN E TECNOLOXÍA

200 NÚMEROS MARCANDO A DIFERENZA

A aventura editorial de Tempos Novos está a piques de cumprir 17 anos de vida….

Ler máis

Tempos Novos dalle un repaso ao goberno Feijóo

Este mes, a revista Tempos Novos dedica un amplo dossier a facer repaso do goberno Feijóo, baixo o título «O gobernante chega espido». Unhas 50 páxinas, divididas en tres seccións sobre a Calidade Democrática e o Autogoberno, a Deconstrución e A Economía e o Mercado Laboral, dan conta da chegada de Feijóo «con fama de bo xestor» e con promesas de rexeneración democrática e que acabaron cun suspenso rotundo dun goberno que contribuíu ao deterioro da economía, o benestar, a sanidade e a cultura. Read more

Ler máis

Preséntase unha nova acción da campaña «Móllate polo galego»

Mañá, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña «Móllate polo galego», destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego. Read more

Ler máis

Facebook: o soño universitario de máis de 100.000 millóns de dólares

Xa estamos afeitos a pensar nos Estados Unidos como berce dos casos de maior éxito na Internet, ou polo menos dos máis sonados. A historia, moitas veces levada ao mito obviando os detalles máis mediocres que estropean un bo relato, parece ser sempre a mesma: estudantes novos, reservados, que crean algo novidoso e fanse millonarios en cousa de poucos anos. Pensemos, por poñer algún exemplo, nos Steve’s fundadores de Apple, en Bill Gates (Microsoft) ou na parella Page – Brin con Google. Read more

Ler máis

Cafèambllet denuncia como La Caixa silencia as informacións sobre as participacións preferentes

Tempos Dixital traduce ao galego o contido do vídeo publicado polos compañeiros do medio catalán Cafèambllet no que denuncian as presións de La Caixa á súa revista e a outros medios cataláns para que non publiquen informacións sobre as participación preferentes. Podedes ver o vídeo neste link. Read more

Ler máis

Manifesto do Día Mundial da Liberdade de Prensa

Asumindo os principios da proclamación polas Nacións Unidas do “Día Mundial da Liberdade de Prensa”, o 3 de maio de 1993, polo que se recoñece unha prensa libre, pluralista e independente, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), na que está integrada a Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela,  Read more

Ler máis

Vitaminas para o Galego organiza un festival artístico

Esta noite celébrase o festival artístico de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, entre eles Tempos Dixital. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina. Read more

Ler máis

Xa podedes descargar a revista de libros ProTexta

O número de inverno da revista de libros ProTexta está agora en Tempos Dixital, desde onde se pode descargar en formato pdf. Tratamos de revisar o máis destacado das novidades editoriais nos campos da poesía, narrativa, ensaio, literatura infantil e xuvenil e banda deseñada. Procuramos o alento crítico e estamos na rúa grazas a unha completa nómina de colaboradores e colaboradoras que len canda nós. Read more

Ler máis

As series galegas online presentes nos Mestre Mateo

A Academia Audiovisual Galega deu a coñecer esta semana que a produción online Angélica y Roberta está nomeada aos Mestre Mateo como mellor serie galega. É a primeira vez que se lle da recoñecemento oficial a unha serie online en Galicia. Este fito visibiliza obras audiovisuais galegas feitas para Internet como é o caso de Angélica y Roberta, pero tamén de tantas outras como Non saímos do lixo ou nos seus primeiros tempos, Para mariñeiros, nós.

Ler máis

Vitaminas para o galego organizará un festival artístico

Vitaminas para o Galego está a traballar na organización dun festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela que suporá o arranque dunha nova fase nas súas actividades de visibilización do galego nos medios de comunicación.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011