Sociedade

CAMIÑA SEN RITMO PARA NON ATRAER AO VERME

CAMIÑA SEN RITMO PARA NON ATRAER AO VERME

As aulas empezaron un nove de setembro e o dezasete estrenouse a nova versión de Dune, que quere deixar atrás o universo Lynch no que hai tempo que semellamos sobrevivir. O nove, ironicamente, tamén foi o día no que eu entreguei este artigo para a súa publicación. De xeito irónico sei que o futuro non está escrito. [Un artigo de Anna R. Figueiredo]

A INSUSTENTABLE LÓXICA POPULAR E A INAPRAZABLE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

A INSUSTENTABLE LÓXICA POPULAR E A INAPRAZABLE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

A denuncia contra a conserveira Jealsa, acusada de levar anos contaminando a ría, as mobilizacións contra a ampliación da rede eólica, e os altercados cos que Ence e os traballadores que lidera CC.OO. protestan o fallo da Audiencia Nacional que declara ilegal a prórroga para asegurar por outros 60 anos a actividade da pasteira no seu emprazamento actual, reverdeceron o debate sobre a necesidade de compatibilizar desenvolvemento industrial e sostibilidade. [Un artigo de Alba Nogueira]

[ENTREVISTA] SANTOS HORACIO FAZIO, experto en cambio climático

[ENTREVISTA] SANTOS HORACIO FAZIO, experto en cambio climático

A publicación do informe do IPCC de Nacións Unidas, e as sorprendentes alteracións atmosféricas dos últimos meses en diversas partes do mundo deron pé a que a revista Tempos Novos tomase contacto co experto en cambio climático Santos Horacio Fazio, que respondeu deseguida o cuestionario que se lle remitiu a Bos Aires, cidade na que reside. Extractamos aquí parte desta entrevista, dispoñible íntegra no TEMPOS NOVOS do mes de setembro.

[XORNADA DE REFLEXIÓN] A GALICIA POSTCOVID

[XORNADA DE REFLEXIÓN] A GALICIA POSTCOVID

A revista TEMPOS NOVOS e o Concello de Outes convocaron unha xornada de reflexión no Náutico do Freixo na que tomaron parte persoas que desde o activismo, as administracións e a universidade analizan os efectos nos diversos sectores e propoñen alternativas. A xornada abrírona o alcalde dese concello, Manuel González López e o director da publicación, Luís Álvarez Pousa.

A MISTIFICACIÓN DO SUFRIMENTO

A MISTIFICACIÓN DO SUFRIMENTO

Os expertos falan xa dunha nova pandemia, a da saúde mental, para o tempo da postCovid. Estanse a remover todos os marcos nos que, mal que ben, viñemos sostendo a nosa estabilidade emocional e mental. Sometidos, pois, a un estado de sufrimento que altera o noso sistema de percepción. [Un artigo de Miguel Anxo García Álvarez]

[ENTREVISTA] VICENÇ NAVARRO

[ENTREVISTA] VICENÇ NAVARRO

É un dos científicos sociais españois máis citados do mundo. Seguramente por tratarse dun exhaustivo cultivador do pensamento crítico sobre todo o que vén protagonizando o acontecer que maior incidencia ten na evolución dos modelos de sociedad. O profesor Vicenç Navarro -médico, sociólogo e politólogo- é experto en economía política e políticas públicas. Aceptou falar con TEMPOS NOVOS, nunha entrevista que extractamos aquí, sobre a pandemia sanitaria, a cuestión de máxima actualidade sobre a que vén traballando nos últimos meses. [Unha entrevista de Manoel Barbeitos]

PANDEMIA: ERROS, CULPAS E UCIs NA 3ª ONDA

PANDEMIA: ERROS, CULPAS E UCIs NA 3ª ONDA

O día 13 de xaneiro deste 2021, a Xunta de Galicia e o seu comité técnico decidiron recoñecer que no mes de nadal miraran para outro lado coa pandemia. É o que ten contentar a milleiros de votantes irresponsable en troulas e paparotas. Recoñécese que a incidencia da pandemia nos sitúa nunha terceira onda de percorrido descoñecido (ese mesmo día por riba dos trescentos por cen mil habitantes nos derradeiros catorce días, xa moi lonxe do chamado nivel de risco máximo, e no nivel de Alemaña). País este que xa leva dende novembro con colexios, comercio e locais non esenciais pechados; e só permitindo o contacto cunha persoa allea ao núcleo familiar. [Un artigo de Albino Prada]