ACTIVISMO E SOCIEDADE

A VIOLENCIA DOS ULTRAS AMPÁRASE NO FÚTBOL

O asasinato en Madrid dun siareiro do Dépor a mans de seguidores de ideoloxía fascista do Atlético de Madrid, lémbranos novamente o problema sempre latente da violencia no fútbol. O asunto é vello. Tratábao xa a revista TEMPOS NOVOS nas páxinas do número 64 (setembro de 2002) nun artigo que agora recuperamos. Amparándose neste deporte, grupos radicais violentos levan a cabo agresións que en ocasións acaban en morte. A violencia destes ultras nada ten que ver co deporte; débese a motivos ideolóxicos, culturais e sociais. As propias empresas que viven do fútbol, os propios directivos e presidentes dos clubs e mesmo os medios de comunicación alentaron e promoveron no pasado a súa existencia. Algúns equipos adoptaron medidas que lograron desterrar das gradas ós grupos máis violentos, mais as raíces parecen fondas.

Ler máis

A privatización ilexítima do Servizo Galego de Saúde

O goberno de Feijóo aproveita a crise para tentar xustificar a diminución do gasto sanitario público, a base de recortes e copagamentos, mentres o gasto en privatizacións non fai máis que aumentar…

Ler máis

A emigración do século XXI, unha aventura por necesidade

Malia o cambio económico e social vivido en España nos últimos trinta anos, o Estado do sur de Europa segue a ser un país de emigración. A tendencia á diáspora invertírase desde finais dos 90 e España pasou de ser exportador a receptor de man de obra; pero no 2011, outra vez, o número de persoas que abandonaron o país superou ao dos que chegaron. Read more

Ler máis

Casares: «Non concibo unha suba de taxas sen unha suba de bolsas»

As primeiras reaccións galegas ante os ataques ao ensino xa se fixeron ver ó longo destes días. Por unha banda un nutrido grupo de alumnos pechábase na Biblioteca da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Facíano para denunciar, segundo din representantes da Liga Estudantil Galega »os desmesurados e inxustificables recortes en educación que por parte do Goberno Central se están a levar a cabo».

Ler máis

Os Presupostos Xerais do Estado retallan de novo na cooperación para o desenvolvemento

Os Presupostos Xerais do Estado confirman a retallada a Cooperación que anunciaba hai unhas semanas o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo. O recorte é de 1389 millós de euros, unha redución do 47,6%. Pero, non é a primeira baixada como apunta Maika Beltrán, responsable de Intermon Oxfam en Galicia, “nos últimos dous anos a axuda española xa se reduciu en máis dun 60%”. Read more

Ler máis

«Limpeza non había ningunha, agora xa é tarde para facer nada»

Cristóbal Medeiros Fernández, natural de Verín, é un dos membros que integran a Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (Brif) de Laza. A función deste tipo de brigadas, dependentes do Ministerio de Medio Ambiente, é a de prestar apoio ás Comunidades Autónomas na loita contra o lume. Creáronse en 1992, existen dez en toda España e son o único equipo de extinción enfocado a traballar en todo o territorio grazas á súa grande mobilidade. Read more

Ler máis

«No meu contorno case ninguén aleita alén dos tres meses»

Os organismos como a Organización Mundial da Saúde (OMS), o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) ou a Asociación Española de Pediatría recomendan alimentar aos bebés con lactancia materna exclusiva ata os seis primeiros meses e, en combinación con outros alimentos, ata os dous anos. Read more

Ler máis

Dos tempos interesantes

Hai unha maldición chinesa que di “ogallá vivas tempos interesantes”. Os tempos interesantes son aqueles de cambios profundos, non sempre agradables. Porén os tempos faltos de interese son tranquilos e estables. Os nosos son tempos interesantes, e moito…

Ler máis

Ricardo García Zaldívar, presidente de ATTAC-España: «Mentres sigan existindo paraísos fiscais non hai nada que facer»

A esquerda asómase a un tempo novo, con novos retos e un novo repertorio mobilizador, e procura espazos e discursos nos que converxer para a defensa das conquistas sociais e do estado de benestar, mais tamén para recuperar a iniciativa e a indignación. Dende o seu nacemento hai unha década Attac erixiuse en referente dos movementos transformadores…

Read more

Ler máis

Debuxando sorrisos en Palestina

Setembro de 2011 poderá pasar á historia de Palestina por ser un mes no que moitos eventos sucederon ou tentaron ser por primeira vez. Aínda que o recoñecemento internacional ao estado palestino é un argumento que leva anos dando voltas polo mundo, a xira do Festiclown conseguiu, nos quince días de estadía en Palestina, unir diferentes xeitos de rir e facer rir…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011