DESTACADAS

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis

Un día do galego para os medios en español

A Asociación de Medios en Galego lamenta a discriminación da Xunta sobre os medios escritos na lingua do país con respecto aos que o fan en español, e reclama o cumprimento do artigo 19 da Lei de Normalización Lingüística cando marca que «o goberno galego prestará apoio económico e material aos medios de comunicación (…) que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo».

Ler máis

A médica Iria Veiga gaña o XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua Concello de Carballo

O XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017, dotado con 1.250 euros e a publicación nos medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Inchazón», da médica psiquiatra do Hospital do Barbanza, Iria Veiga

Ao certame presentáronse 42 traballos.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011