Arturo Casas: “Co blog volvín experimentar esa sensación vergoñenta do pracer da escrita”
A escusa para a conversa é a publicación de Alusión (Galaxia, 2011) pero os temas son transversais e lévannos desde o autoral ao político, do concepto de comunidade até a preocupación polo mantemento das liberdades na sociedade galega. Como bos docentes da universidade, saltamos de cando en vez a un diálogo pseudoacadémico que coutamos como podemos. Alusión é o que queda de Efémeras Lándoas, un blog que xa non é accesible no blogomillo, no que Arturo Casas (A Coruña, 1958), con compromiso e humor, foi falando e retrucando ao longo dun ano.
































