Tempos Dixital | Tempo de contos: «Fragrancia de idea, soneto entumecido»
CULTURA

Tempo de contos: «Fragrancia de idea, soneto entumecido»

Os ollares, vivos, fecundan horizontes

translúcidos, escuros e con nimbos.

O Sol escóndese na lucidez que camiña,

ilustrando a divisoria inerte e tenra.

 

Utopía agachada, no fermoso limbo escapas

e divagas, insinuante nas ideas a cotío.

Utopía camiñante, cárceres que percorres.

E el divisa o ceo en fusión coa terra.

Búscase terra firme, berra o capitán

do barco eirado que sopla pensamento.

Búscase a cadea, berra o discrepante.

 

Balanceo dun barco á deriva, nos eidos

das ondas entumecidas pola frangancia

que fecunda o horizonte fusionado.

Avatar of Xosé Carlos Carracedo Porto

Estudante de Educación primaria e escritor de relatos
Artigos relacionados

Deixa un comentario

Únete ao debate!
A publicación de comentarios está suxeita a moderación.

Deixa unha resposta

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011