Galeusca electoral
Sen que figurara previamente nas axendas das distintas formacións políticas, vaise rexistrar unha práctica coincidencia nas citas electorais de Galiza, Pais Vasco e Catalunya. Tal circunstancia non acontecera anteriormente na traxectoria vivida polo sistema democrático e suscita algunhas reflexións a respeito das eventuais consecuencias que se deriven dos resultados das urnas o 21 de Outubro e o 25 de Novembro.
Se a Constitución de 1978 contemplou a denominación “nacionalidades históricas” para distinguir o rango singular dos tres territorios citados non foi como consecuencia dunha graciosa concesión ditada polas forzas políticas hexemónicas xurdidas dos comicios xerais de 1977. Read more