Publicado por: Teresa Barberena

SLI: «O galego dispón de ferramentas abondas para facerlle fronte ó estudo de calquera disciplina»

Unhas 20.000 entradas, 30.000 acepcións e 60.000 exemplos compoñen o dicionario moderno inglés galego no que o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo (SLI) traballou nos últimos nove anos. O equipo do SLI, formado por Xavier Gómez Guinovart, Alberto Álvarez Lugrís e Eva Díaz, acaba de publicar a versión en papel desta grande obra da lexicografía con 2.0 Editora. Read more

Ler máis

Rodríguez Fer: «Galicia debe corresponder ao esforzo que fai Bretaña apoiando a nosa lingua»

O vindeiro día 28 de xuño Claudio Rodríguez Fer recibirá a distinción de Doutor Honoris Causa da Universidade da Alta Bretaña en Rennes. O escritor e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela comezou a súa relación coa institución bretona en 1995 cando foi convidado como profesor de literatura Española e Hispanoamericana. Read more

Ler máis

A casa lóbrega e a casa labrega

Xosé Febrero

De neno cando non tiña escola, eu estaba cos meus avós en Castrelo de Miño. Alí, acompañaba aos meus avós cando traballaban na terra, atendían ao gando e coidaban as viñas, e me deixaban que enredara, brincando co can e facendo que axudaba. De cando en vez o meu avó ou a miña avoa me pedían que collera á burra e fora hasta á tenda que estaba nun lugar perto a mercar aceite, sardiñas en lata para facer a merenda nas viñas, ou incluso un saco de abono ou de sulfato. Read more

Ler máis

Jordi Pujol: «O Estatuto de Autonomía non sería posible sen o traballo de Valentín Paz Andrade»

Jordi Pujol apadriñou a II promoción de Grao de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela. No seu paso por Galicia, o político catalán falou con Tempos Dixital sobre o seu amigo Valentín Paz Andrade ao que coñeceu nos anos da Transición. Read more

Ler máis

Yorgos Mitralias: «A solución á crise é un movemento social europeo contra as políticas de austeridade»

Dous anos despois do rescate a Grecia, só a sociedade civil grega puxo sobre a mesa unha alternativa real para solucionar a situación grega, a Campaña pola Auditoría da débeda pública, moi popular nas redes sociais tras a difusión por Internet do documental Debtocracy (Debedocracia). Read more

Ler máis

Álex Cal: «Cando me encargaron Spiderman, deime conta de que podía vivir do cómic»

O debuxante vigués Alex Cal acaba de publicar o seu último traballo nos Estados Unidos, unha saga de nove números centrada no universo G.I.JOE. Cal leva anos traballando para as mellores editoras norteamericanas de cómic, como Marvel, Boom Studios e IDW, dando vida cos seus debuxos a superheroes como Spiderman, Read more

Ler máis

Francia e Alemaña, cómplices da corrupción helena

O vindeiro 23 de abril cumpriranse dous anos da petición de rescate de Grecia á Unión Europea ante a imposibilidade de asumir a súa débeda pública. Unhas semanas despois, o 6 de maio, celebraranse eleccións anticipadas. Sen dúbida, é o momento de que os cidadáns helenos fagan exame de conciencia para non volver a cometer os erros do pasado. Read more

Ler máis

«O Miño marca a miña maneira de entender a gastronomía»

Galicia está máis presente que nunca na guía Michelin con dez restaurantes con estrela. A grande incorporación foi a do restaurante Silabario de Tui, dirixido por Alberto González Prelcic. Este mozo cociñeiro galego conseguiu, con tan só 33 anos, a súa primeira estrela. Está avalado por unha traxectoria sólida. Read more

Ler máis

Os Presupostos Xerais do Estado retallan de novo na cooperación para o desenvolvemento

Os Presupostos Xerais do Estado confirman a retallada a Cooperación que anunciaba hai unhas semanas o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo. O recorte é de 1389 millós de euros, unha redución do 47,6%. Pero, non é a primeira baixada como apunta Maika Beltrán, responsable de Intermon Oxfam en Galicia, “nos últimos dous anos a axuda española xa se reduciu en máis dun 60%”. Read more

Ler máis

As series galegas online presentes nos Mestre Mateo

A Academia Audiovisual Galega deu a coñecer esta semana que a produción online Angélica y Roberta está nomeada aos Mestre Mateo como mellor serie galega. É a primeira vez que se lle da recoñecemento oficial a unha serie online en Galicia. Este fito visibiliza obras audiovisuais galegas feitas para Internet como é o caso de Angélica y Roberta, pero tamén de tantas outras como Non saímos do lixo ou nos seus primeiros tempos, Para mariñeiros, nós.

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011