Publicado por: tdadministracion

A VÍA PORTUGUESA

A alianza de esquerdas, que lle garante ao goberno do socialista António Costa…

Ler máis

A médica Iria Veiga gaña o XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua Concello de Carballo

O XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017, dotado con 1.250 euros e a publicación nos medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Inchazón», da médica psiquiatra do Hospital do Barbanza, Iria Veiga

Ao certame presentáronse 42 traballos.

Ler máis

I PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

O concello de Fornelos de Montes, seguindo no seu empeño de apostar pola cultura e a lingua, convoca a I edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, de artigos inéditos en galego no ámbito da denuncia social, por ser este, o do compromiso social, a liña literaria de Lueiro.

A convocatoria estará aberta a partires do día 29 do presente mes e pecharase o 30 de xuño. As bases poden baixarse da web do concello: www.fornelos.com

Ler máis

Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo convoca o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo que chega á súa edición número XIII para incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio do noso maior ben colectivo, a lingua galega. Nesta edición o único premio incrementa incrementa a súa dotación ata os 1.250 euros e inclúe a difusión do artigo gañador nos nove medios de comunicación que colaboran co certame, TEMPOS NOVOS entre eles.
O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto até o 17 de abril de 2017 e as bases foron publicadas no BOP da Coruña do 7 de marzo.

Ler máis

Entrevista: Jorge Mira, físico

As súas teorías, contrarias ao cambio de fuso horario, en plena efervescencia das ideas dos que avogan por colocar Galicia en sintonía coa hora de Portugal e de Londres, teñen descolocado a máis dun. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tenlle solicitado informalmente un contacto ao respecto. Con 48 anos, Jorge Mira, un dos físicos máis mediáticos do país, acaba de ser elixido novo membro da Real Academia Galega. E a súa entrada ten moito que ver coa elaboración dun traballo, no que se indaga como foron elixindo os galegos entre as linguas galega e castelán, segundo as circunstancias. Observa que a principios do século XX, o noventa por cento era monolingüe.

Ler máis

As sete propostas de Donald Trump que explican a súa victoria

O éxito de Donald Trump (como o ‘Brexit’ no Reino Unido, ou a vitoria do ‘non’ en Colombia) significa primeiro unha nova estrepitosa derrota dos grandes medios dominantes, dos institutos de sondaxe e das enquisas de opinión. Pero significa tamén que toda a arquitectura mundial, establecida ao final da Segunda Guerra Mundial, vese agora trastornada e derrúbase. Os naipes da xeopolítica van barallar de novo. Outra partida empeza. Entramos nunha era nova cuxo trazo determinante é o ‘descoñecido’. Agora todo pode ocorrer.

Un artigo de Ignacio Ramonet

Ler máis

A fábula expansiva

O goberno de Núñez Feijóo vén de presentar no Parlamento os orzamentos para…

Ler máis

Literatura… e outros contos

O desdén co que Vargas Llosa recibiu a nova do Nóbel para Bob Dylan dálle pé ao articulista para desmenuzar unha a unha as liviandades e debilidades do escritor peruano.
Un artigo de Xurxo Borrazas inserido no número 234 da revista TEMPOS NOVOS.

Ler máis

A cólera popular

A vitoria de Trump, como sucedeu antes co Brexit, non fai senón confirmar o…

Ler máis

A traizón dos medios

Son moitos os factores que puxeron os medios de comunicación na tesitura existencial…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011