Publicado por: tdadministracion

Nova etapa d´A TRABE DE OURO

No primeiro trimestre de 1990 saía á luz o primeiro número desta nova “revista de pensamento crítico” so un lema da autoría do Álvaro Cunqueiro anterior á Guerra Civil que rezaba, e para nós segue a rezar así: “Estamos abertos a todos e a todo; tentaremos que nada da nosa Terra e Tempo nos sexa alleo”. Iníciase agora unha nova etapa baixo o paraugas de Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A., editora da revista mensual TEMPOS Novos, na que seguirán acompañándonos os amigos e colaboradores de aquí e do exterior e tamén os lectores e lectoras que consideramos o noso mellor tesouro posto que sempre nos acolleron con atención teima crítica e animadora.

Ler máis

A media hasta

Os atentados das Ramblas e Cambrils crisparon sentimentos e revolveron conciencias….

Ler máis

CATALUNYA, UN MES DE SUSPENSE

Xa non hai volta atrás. O proceso de desconexión de Catalunya avanza cara o 1 de outubro e o goberno de Madrid vixía por terra, mar e aire os movementos do independentismo para abortalo. Rotas todas as pontes entre a Generalitat e a Moncloa, nada pode evitar o choque de comboios. Cantos saian á rúa para darlle valor reivindicativo á Diada do vindeiro 11 de setembro, farano dispoñendo desde a víspera dunha lei de transitoriedade coa que canalizar a nova legalidade republicana no momento do desamarre, e coa convocatoria unilateral dun referéndum -»Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de República?»- publicada no Diari Oficial da Generalitat. A estas alturas, é difícil predecir en que vai dar ese tour de force entre, por unha banda, quen tenta exercer o chamado dereito a decidir e quen, pola outra, tenta impedilo cunha combinación de ameazas, tribunais e forza policial. Moito menos doado é predecir a folla de ruta do día despois no probable caso de que, pese a todo, a cidadanía poidera finalmente depositar o seu voto nas urnas. Non houbo nestes últimos 40 anos ningún outro momento que revestise tanta tensión política.
(Avance do Informe publicado en TEMPOS NOVOS 244 de setembro de 2017)

Ler máis

SUMARIO TEMPOS NOVOS

Consulta aquí os constidos do número de setembro de TEMPOS NOVOS.
O procés catalá, o xihadismo que mata e a política antiterrorista, a Francia de Macron (que desenmascara o seu rostro neoliberal), o transcendental congreso do PCCh en China, as radiografías veladas que os medios fan de Venezuela… E unha demorada entrevista con Xosé Carlos Arias, un dos analistas económicos máis sólido do país, aportando argumentos contra o capitalismo de casino.
Pero tamén os 30 anos do grupo Chévere, a crónica do que deu de si o festival de teatro de Ribadavia, e a crítica cultural (cinema, series,música, teatro, libros).
A sección Argumenta (ciencia e pensamento) e as seccións habituais do Todo é Peixe e Guau guau, completan un cento de páxinas que non teñen desperdicio.

Ler máis

A ADEGA TERRA DE ASOREI RECIBE O SELO GALICIA CALIDADE

Coa incorporación de Terra de Asorei, xa son 96 as firmas certificadas con esta marca das que 14 son adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia. Máis de 350 produtos lucen o selo nas súas etiquetas.
No acto de entrega, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apostou por unha industria galego do viño que combine a calidade coa tradición e a innovación para seguir medrando.

Ler máis

INCHAZÓN

O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores decidiu concederlle o premio ao artigo titulado «Inchazón», de Iria Veiga Ramos, valorando «a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio».
Reproducimos de seguido o artigo gañador.

Ler máis

Un día do galego para os medios en español

A Asociación de Medios en Galego lamenta a discriminación da Xunta sobre os medios escritos na lingua do país con respecto aos que o fan en español, e reclama o cumprimento do artigo 19 da Lei de Normalización Lingüística cando marca que «o goberno galego prestará apoio económico e material aos medios de comunicación (…) que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo».

Ler máis

A VÍA PORTUGUESA

A alianza de esquerdas, que lle garante ao goberno do socialista António Costa…

Ler máis

A médica Iria Veiga gaña o XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua Concello de Carballo

O XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017, dotado con 1.250 euros e a publicación nos medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Inchazón», da médica psiquiatra do Hospital do Barbanza, Iria Veiga

Ao certame presentáronse 42 traballos.

Ler máis

I PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

O concello de Fornelos de Montes, seguindo no seu empeño de apostar pola cultura e a lingua, convoca a I edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, de artigos inéditos en galego no ámbito da denuncia social, por ser este, o do compromiso social, a liña literaria de Lueiro.

A convocatoria estará aberta a partires do día 29 do presente mes e pecharase o 30 de xuño. As bases poden baixarse da web do concello: www.fornelos.com

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011