Publicado por: Sergio Barbeira Blanco

O final das caixas (1ª parte)

Sergio Barbeira

O final das caixas. O tamaño si importa (1ª parte)

Para os que aínda non se decataron: o tamaño importa, e cada vez máis. Hai algo máis de dous anos dicíanme que as caixas españolas tiñan que fusionarse. O principal (e único) argumento era a necesidade de gañar tamaño para que as entidades resultantes fosen máis competitivas. Hoxe rímonos desa explicación, aínda que algúns (eu, entre eles) dubidamos no seu día de algo tan simple e que, agora, parece ridículo. Pero antes non o era tanto para os que presumían de expertos. Por que? Read more

Ler máis

Compromiso (económico)

Sergio Barbeira

Compromiso (económico) por Galicia

Antes de nada, quero dicir que non me considero unha persoa nacionalista, aínda que en ocasións o pareza. Esta vai ser unha desas ocasións. Explícome. Pese a ter a nacionalidade española, eu considérome galego, non por un capricho rebelde ou por odio ao resto de españois. Non, simplemente porque é o que sinto e enganaríame dicindo o contrario. Ningúen nos pode impoñer o que somos. Ninguén. Dito isto, é necesario destacar que Galicia hoxe é unha comunidade autónoma que forma parte do Estado español, mais non sempre foi así. Durante 170 anos foi un reino independente, aínda que certo é que xa choveu dende entón. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011