Publicado por: Paulo Carlos López

Chorén: «É tempo de pechar feridas e mirar ao futuro»

Xosé Chorén (Lugo,1967), funcionario de Correos, é na actualidade o director da Oficina Principal en Lugo. Foi, entre outras cousas, concelleiro na cidade lucense polo BNG antes da súa marcha, e trala VI Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista foi elixido Secretario Nacional, relevando no cargo a Alberte Xullo Rodríguez Feixóo. Read more

Ler máis

Esquerda Nacionalista

Paulo Carlos López

Teño que admitir que comecei en Esquerda Nacionalista por reacción. Estaba en segundo de carreira, e con pouco máis de catro anos de militancia no Bloque, chegara á conclusión de que a única forma de intentar transformar o BNG era organizándose internamente: a sinxela premisa de achegarse aos e ás que pensan de xeito análogo a ti, nas coordenadas do nacionalismo cívico e da esquerda democrática.

Read more

Ler máis

Nós, os e as aperturistas. Réplica a Bieito Lobeira

 Paulo Carlos López

Ven de publicar hai uns días o deputado Bieito Lobeira, no voceiro dixital da UPG, Terra e Tempo, unha breve reflexión que ten como telón de fondo a Asemblea Nacional que o BNG celebrará os vindeiros 28 e 29 de xaneiro.

Read more

Ler máis

Xosé Manuel Beiras, unha vida ao servizo de Galiza

Xosé Manuel Beiras é, sen lugar a ningún xénero de dúbidas, a historia viva do nacionalismo galego e de Galiza. A súa estravagante e mesmo por veces excéntrica personalidade marcou a moitas xeracións de galegos e galegas, xa sexa a través da docencia universitaria…

Ler máis

Pérez Bouza: «A reforma da Constitución introduce un corsé para as administracións públicas»

Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é o cabeza de cartel do BNG pola circunscrición de Ourense nestas eleccións xerais. Foi candidato dos nacionalistas á Alcaldía de Porqueira, sendo portavoz na Deputación provincial e Senador por designación autonómica na última parte da lexislatura. Tempos Dixital tivo a oportunidade de charlar con este enfermeiro de profesión. Read more

Ler máis

Despotismo iliterato

Paulo Carlos López

A naturalidade coa que os diversos mandatarios europeos (sen distinción de ideoloxías), criticaron dun xeito estremadamente belixerante a en boa medida lóxica decisión de Papandreu de convocar un referendo sobre o acordo acadado arredor das medidas de rescate da UE ten, certamente, que preocupar. Read more

Ler máis

Francisco Delgado: «A crise non está a afectar á Igrexa porque é inmensamente rica»

O pasado día 26 de outubro o Movemento Estudantil Universitario celebrou, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, un coloquio baixo o título de “Laicismo, a debate”. Nela participaron, entre outros, Francisco Delgado, presidente de Europa Laica, que aproveitou a ocasión para presentar o seu libro Aprender sin dogmas. Con el conversou Tempos Dixital.

Ler máis

20-N: quince anos despois

Salvo que aconteza algo extraordinario, quince anos despois, doutra volta, o Partido Popular gañará unhas eleccións xerais, desta vez semella que por amplísima maioría, levando, logo de tres intentos, a Mariano Rajoy á Moncloa…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011