Publicado por: Mario-Pais-Beiro

O son do post punk: Trajano!

Mario Pais Beiro
Mario Pais Beiro

Que Madrid resulta un referente musical ineludible non é nada novo. Pero si que alí nacese, resultado dunha fría noite de troula a comezos de 2011, este proxecto musical capitaneado por dous galegos, Juan Cea e Lois Brea, a quen se lles deu por pensar nas cousas que poderían saír dunha colaboración entre os seus talentos. Trajano! Comeza así a levantarse sobre os sons escuros e eclécticos da new wave e o post punk.

Non pasaría moito tempo ata que a banda dese novos pasos. Read more

Ler máis

Eleccións: Andalucía 2012

Mario Pais Beiro

As eleccións en Andalucía e Asturias xa pasaron, os resultados xa están enriba da mesa e agora toca analizalos e, sobre todo no caso das andaluzas, preguntarnos que foi o que pasou. Porque este non era o resultado esperado por ninguén, nin sequera polos máis optimistas no PSOE-A, onde tamén os augurios dunha Estado tinguido totalmente de azul se impuxeran, alimentados por constantes enquisas que apoiaban esta tese. Read more

Ler máis

TNR (The New Raemon)

Mario Pais Beiro

Venres, dezaoito de novembro de dous mil once. Os partidos políticos apuran as últimas horas para pedir o voto, se ben dende fai xa un tempo se masca a traxedia dunha vitoria, por maioría asoballante, da dereita. Atópome en Pontevedra, onde…

Read more

Ler máis

Los Nastys

Mario Pais Beiro

“A xente di que somos indies ou punkies. A nós gústanos máis encadrarnos no filloputismo”. Así se definen Los Nastys, unha banda da escena underground madrileña coa que tiven a ocasión de compartir unhas cervexas na miña última visita á capital do Reino. E a verdade é que non se afastan moito da realidade. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011