As eleccións vistas desde a diáspora
O censo de residentes ausentes medrou un 18% desde o 2009 e representa xa o 17% do electorado total. Mais a reforma da Lei Electoral e a desafección que está a sufrir a clase política por parte do cidadán fixeron que só catro de cada cen “residentes ausentes” solicitara o voto rogado.
A sala de espera para entrar na oficina de atención a residentes europeos da Commune de Saint-Gilles estaba ateigada de xente. Unhas trinta persoas nun habitáculo con escasos asentos para acomodarse conversaban en diferentes idiomas. Read more

















