Publicado por: Iolanda Veloso Ríos

Rescue me

Iolanda Veloso

O venres pasado acordeime moito, pero moito moito, do proceso de “rescate” e “nacionalización” de Novagalicia. Teño que recoñecer que son incapaz de dicir cantos cartos se lle levan “prestado” (falando deste tema non podo evitar poñelo todo entre comiñas, digamos que utilizo estes termos porque non me queda outra que aceptar barco como animal acuático) porque cada vez que leo novas informacións as cifras van mudando como por arte de maxia e son sempre tan confusas que para alguén de letras coma min é ben difícil botar contas. Digamos, así redondeando, que 10.000 millóns de euros. Read more

Ler máis

Non quero ser como Beckham

Iolanda Veloso

Non quero ser como Beckham (nin como Iker Casillas)

Dedicado ás xogadoras do Celta Bosco

A noite na que a Roja gañou a Eurocopa reenviei un chío de Lucía Etxebarría que enlazaba coa súa revista dixital, Allegra Mag, concretamente cun artigo titulado “El opio del pueblo” no que contaban cantos cartos públicos nos custa o fútbol entre subvencións de concellos e comunidades autónomas, pelotazos urbanísticos e débedas con facenda e seguridade social. Sumando todo, unha auténtica millonada. Pero das gordas, das que rescataba a educación ou a sanidade públicas. Read more

Ler máis

A privatización da maternidade

Iolanda Veloso

A Xunta presentou no parlamento galego un plan de dinamización demográfica para o noso avellentado país no que non está garantido o relevo xeracional. É lóxica a súa preocupación aínda que me gustaría darlles algúns argumentos para que non se preocupen demasiado, que os vexo algo agobiados co tema da reprodución. Nun tempo de recortes nos servizos públicos básicos, onde sobran profesoras, investigadoras, estudantes… tampouco é preciso esforzarse demasiado en ter moitos fillos a menos que teñamos garantido que van ser banqueiros, que é o que necesitamos para saír da crise. Read more

Ler máis

Responsabilidade limitada?

Iolanda Veloso

Non hai moito tempo vin o filme “Margin Call”, a crónica da vida de oito traballadores dun poderoso banco de investimentos durante as 24 horas previas ao inicio da crise financeira de 2008, baseada no acontecido con Lehman Brothers e a posterior crise económica mundial. Logo dunha xuntanza nocturna urxente toman a decisión de vender todos os activos tóxicos da empresa sabendo perfectamente as consecuencias que iso terá para o mercado financeiro mundial pero entenden que é a única maneira de salvar a entidade. Read more

Ler máis

Polo 1 de maio como experiencia

Iolanda Veloso

Este primeiro de maio encádrase neste período chamado de crise sistémica global do capitalismo, unha chea de termos absolutamente absolutos que nos falan da grande debacle económica que vivimos, evidente por fin logo de ser negada durante moito tempo polos grandes homes de negocios e polos organismos internacionais. Porén, penso que o que ninguén pode negar a estas alturas é que a economía, a capitalista, claro, porque, que eu saiba, non hai outra, domina absolutamente todo. Read more

Ler máis

Axudando a ser nai

Iolanda Veloso

Cada día van xurdindo novas noticias sobre bebés roubados no noso país e no resto do estado que verdadeiramente poñen a pel de galiña. Mulleres enganadas, abusando da situación de poder de persoal médico e relixioso nos hospitais, para quitarlles os seus fillos e dárllelos, a cambio de cartos, a outras parellas. O feito de roubar e vender bebés e o resultado de miles de persoas buscando as súas familias biolóxicas é absolutamente espeluznante. Read more

Ler máis

Autismo e civilización

Iolanda Veloso

O 2 de abril, ademais do día internacional do libro infantil e xuvenil, é o día mundial de concienciación do autismo. No noso país tal día como este, entre outras actividades, ten lugar a presentación do primeiro conto con pictogramas publicado en galego así que, dalgunha maneira, conmemóranse as dúas celebracións cunha mesma actividade. Ademais búscase un novo espazo para a lingua galega, completamente ausente Read more

Ler máis

A cociña da política

Iolanda Veloso

A pesares do que poida parecer polo título do artigo, non vou falar da famosa cociña na que se xuntan as elites das organizacións políticas para chegar a acordos sobre futuras accións con maior ou menor repercusión para a cidadanía ou para a militancia dos partidos. Read more

Ler máis

Portada para un asasino

Iolanda Veloso Ríos

Recentemente saíu publicada na portada dun xornal galego unha escandalosa noticia sobre un home condeado por asasinar a súa muller e o seu fillo que estaba cobrando a pensión de viudez. Denunciaba este medio de comunicación a falla de coordinación entre as administracións que permitía que esta persoa cobrase 670 euros brutos ao mes Read more

Ler máis

Pin&Pon van votar

Iolanda Veloso

Unha destas tardes de chuvia estaba na casa coas miñas crianzas que vían unha canle de televisión infantil onde xa comezan a bombardealas cos anuncios dos xoguetes que teñen que pedirlles, segundo as súas preferencias, Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011