Publicado por: Fran-Martinez-Hidalgo

25S. O día despois

Francisco Martínez Hidalgo

A intención estaba clara. Un grupo de cidadáns querían axuntarse arredor do Congreso dos Deputados e facerlles chegar aos seus representantes, de viva voz, o descontento co seu traballo de representación. Poucas accións hai igual de inherentes e lexítimas a un sistema democrático indirecto como o noso ca esta. Se cadra hai métodos indirectos igual de válidos, como enviar correos electrónicos ou cartas, ou outros directos como solicitar xuntanzas para presentar calquera tema concreto, pero ningún destes se amosa eficaz cando o descontento é amplo co aspecto xeral do traballo parlamentario –segundo o CIS o 24% da poboación española considera á clase política e aos partidos un dos principais problemas de España. Read more

Ler máis

Onde foi a ideoloxía?

Francisco Martínez Hidalgo

Nunca a ideoloxía estivo tan viva coma hoxe. Tras os chamamentos ao sacrificio imprescindible de medidas impopulares (e antisociais) se oculta a ideoloxía. Tras a criminalización dos funcionarios, sen nunca pensar que os seus xefes son os políticos que eliximos entre todos, se oculta a ideoloxía. Tras o indubidable sacrificio do benestar colectivo e a igualdade social, en beneficio dun sistema financeiro voraz e insolidario, se oculta a ideoloxía. Mesmo tras as afirmacións que renegan da política ou acusan de ‘partidistas’ certas decisións, se oculta a ideoloxía. Read more

Ler máis

Rescue me!

Francisco Martínez Hidalgo

A loita contra a palabra “rescate” leva varios días mobilizando á dereita española. Ninguén a quere pronunciar. Ninguén a quere escribir. Ninguén a quere recoñecer. Para substituíla téñense dito numerosos eufemismos: “apoio europeo”, “préstamo solidario”, “axuda comunitaria”… Algún xornalista de medios que si a escriben, con grandes titulares, ten padecido estes días pasados algún xesto maledicente por parte de Luís de Guindos e de Mariano Rajoy. Todo vale para que pareza que non, que este caso non é como os demais. O choteo en Twitter acadou o seu grao máximo co hashtag #EspañanoesUganda… aínda que ás veces poda parecelo. Read more

Ler máis

Dez apuntamentos sobre Francia e Grecia

Tras a noite electoral francesa é o momento de analizar como François Hollande conseguiu ser elexido presidente da República francesa tras superar unha longa e dura campaña, unha das máis emocionantes das dúas últimas décadas nas que se bateu con Nicolás Sarkozy, un rival que loitou ata o final e  que perdeu por unha diferenza estreita.

Read more

Ler máis

O declive de Rajoy

Francisco M. Hidalgo

Mariano Rajoy confirma coa súa defensa da teoría do “deberían callarse” que non quere críticas ou propostas alternativas ás súas. Dende a súa atalaia de compracencia e satisfacción, imaxinamos que cun puro na man, mira aos demais con condescendencia. Quen o critica non comprende a situación do país –se cre que actúa con boa fe, ou resulta ser parte do problema que o goberno pretende amañar –se a fe é mala. Quen o loa, por contra, si demostra a confianza Read more

Ler máis

Por unha revolución ética

Francisco M. Hidalgo

En tempos de extrema dificultade, e despois de tantos chamamentos ao sacrificio, a solución á profunda crise non se ve por ningures. As grandes palabras conquistaron os titulares, mentres os conseguintes grandes feitos tardan en chegar… se algún día o fan. Ata o día de hoxe escoitamos promesas sobre a refundación do capitalismo, sobre as profundas reformas estruturais pendentes e inminentes, ou sobre a renovación do valor do compromiso colectivo. Read more

Ler máis

Andalucía e Asturias, revoltas

Francisco M. Hidalgo

Calquera análise electoral serio debe comezar polo contexto histórico e social, político e económico, da zona de traballo. Pois o contexto competitivo acaba profundamente determinado, cifras e porcentaxes aparte, pola metafísica existencial do quen somos e cara a onde queremos camiñar. O horizonte das nosas expectativas establece qué queremos e esperamos do tempo no que vivimos. Read more

Ler máis

Cando apreta a coroa

Fran M. Hidalgo

A monarquía e a democracia non son sistemas políticos compatibles. Por moito que nos empeñásemos en constitucionalizar a súa situación, non podemos perder de vista que a súa lexitimidade ten raíces completamente diferentes. Por unha banda, a monarquía reside en que uns poucos (a nobreza) aceptan a lexitimidade de un (El-rei) para gobernalos a todos. Read more

Ler máis

A trampa meritocrática

Fran M. Hidalgo

Poucos conceptos hai máis enganosos na ideoloxía económica ca “mérito”. Lingüisticamente definido como a acción ou o efecto realizado por [alguén] e recoñecido por [outro] con premio ou eloxio. O uso económico común ten deturpado, sen embargo, o seu significado por completo. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011