Publicado por: Enrique Carballo

O labirinto paquistaní

O pasado 28 de maio apareceu nos medios de Occidente a noticia de que unha asemblea tribal de Paquistán condenou á morte a catro mulleres e dous homes por bailar xuntos nunha voda, contravindo o que localmente se entende por pudor. Un dos asistentes ao evento gravounos cun móbil. O mesmo día, un grupo de asaltantes mataron a tres peregrinos sunnitas no Oeste do país, e o catro membros dunha familia cristiá foron degolados na rexión de Punjab. Read more

Ler máis

Libia, a terra das milicias

O 1 de maio de 2012 trascendeu que o Consello Nacional de Transición (CNT) libio, o goberno de facto do país tras a caída de Gadafi, suspendía os pagos aos membros das milicias e brigadas armadas que se constituíron para loitar contra o réxime na guerra civil do pasado ano. O Goberno levaba seis meses abonando 3.200 dólares aos antigos combatentes, pero, medio ano despois de acabada a guerra, moitos loitadores negábanse a abandonar as armas.  Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011