Publicado por: Daniel Landesa

Tempo de contos: «O rapás que veu d’aló»

Asomada á fiestra podo ver as estrelas. Todas as noites, un anaco despois de vir a mamai a darme un bico, abro moi devagariño a ventá do meu cuarto, a estansia da fidalghiña, como a chama a miña querida ama Aida. Nada máis abrir, coma sempre, abráiome co bafo frío da noite, o arrecendo das froiteiras, as flores e, por suposto, as estrelas. Porque as estrelas olen marabillosamente; entre os centos, milleiros de escintilantes farois que me sorrín podo distinguir, de xeito preciso, o olor suave de cada unha delas. Read more

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011