Publicado por: Cibrán Tenreiro

Terbutalina: «A música hai que comela, vomitala e volver comela»

Terbutalina están en todas partes. Parece que case en cada festa que se arma no país aparecen eles, a maioría das veces enriba do escenario. Ultimamente teñen andado por Cee, Lira, Pontevedra ou as Festas do Barrio de San Pedro en Compostela, no que chaman Xira Funeraria. Coa intención de descubrir que é o que espertou esta febre, falamos con Samuel L. París (ou Samu Terbutalino), baixista. “Galicia é un país fácil de enganar. Temos a todo o mundo enganado. O segredo de ir tendo tantas datas é sinxelo: MENTIR.” Read more

Ler máis

Moonrise Kingdom

Cibrán Tenreiro

Wes Anderson é algo así como o tipo máis cool do mundo. Só fai falla ver un plano calquera de calquera das súas películas. O seu universo persoal desborda clase: ten a actores marabillosos (desta, Bruce Willis, Edward Norton, Frances McDormand ou o seu fetiche Bill Murray) facendo papeis marabillosos en escenarios marabillosos (aquí, unha illa de Nova Inglaterra). E os personaxes fan cousas incribles e teñen obxectos e roupas preciosas. Desborda estilo, e ese podería ser o problema. O risco de converterse nun esclavo da súa propia maneira de facer as cousas. Pero, en xeral, sempre acaba por funcionar, porque esa estética preciosista non é baleira e ten algo detrás. Read more

Ler máis

Rolling Stones. 50 anos en 15 temas

Para falar de música non se pode pretender a obxectividade, pero si a honestidade. Respectar as emocións que nos provoca e tentar facerlles xustiza contándollas ós demais. E para falar de emocións, o mellor e remitirse ás cancións que as crean en primeira instancia. Isto non é unha lista dos 15 mellores temas, nin un repaso cronolóxico. Son cancións que serven ó mesmo tempo para provocar temas e para ilustrar a historia da banda de rock máis importante de sempre. Escoitade e lede.

Ler máis

Pero entón, que é o Galician Bizarre?

A quen ande atento sonarálle o termo. Ó mellor, se é suficientemente moderno, ata leu algo na Rockdelux. Pero claro, se dis que tal grupo é do Galician Bizarre, que estás dicindo? Porque non é unha escena, nin tampouco un estilo. “Non é máis que un movemento musical nun lugar concreto do mundo, nunha época determinada”, di Rafa Anido(Metralletas LecherasSr. Anido), un dos iniciadores do proxecto.“A idea foi xurdindo paseniñamente durante aproximadamente dous anos. Read more

Ler máis

Telephones Rouges e o que vos estades perdendo

Empeza a ser preocupante. O outro día, no concerto dos Telephones Rouges e Ocler Delalün, eramos catro gatos. Se fose un concerto mediocre, aburrido, lento ou sen intensidade non habería problema. Sería perfectamente respectable quedar na casa. Pero é que foi xusto ó contrario. Outro concerto brillante e vibrante tocado para os mesmos de sempre. Onde estabades?

Ler máis

Miguel Trillo: «Nas pintas hai ideoloxía»

Vén de inaugurarse no Centro Ágora da Coruña a exposición Arde la calle, que percorre 30 anos da obra de Miguel Trillo, incluíndo fotos sacadas na Coruña especialmente para esta mostra. Baseándose na premisa de que «o espectáculo está no público, non no escenario», as súas fotografías retratan as tribus urbanas…

Ler máis

A enerxía dos Right Ons

Todas as veces que vin en directo ós Right Ons sorprendinme facendo o mesmo. Bailar, como por espasmos. Como se fora algo inevitable. Berrando todas esas frases comodín que tanto prestan. Come on! All right! Right on! Esquecendo o ridículo, participando dunha euforia rítmica, colectiva e incontible, e pensando que o rock and roll debería ser sempre así. Algo que te colle e te leva. Read more

Ler máis

Taller Atlántico Contemporáneo, reparando prexuízos

Un taller é o lugar onde se realiza un traballo manual ou artesán. Pero tamén o estudo dun artista. E tamén, claro, un sitio onde reparar cousas. O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) ten algo de todo iso. Hai unha cantidade moi importante de traballo…

Ler máis

Nova orde: Disco Las Palmeras! + Fantasmage

En tempos de crise, mundial ou persoal, a música é unha cousa distinta. Xa non é evasión (ningun arte debería selo). É algo máis intenso. Pois ben, este xoves fun ó meu primeiro concerto logo da nova orde das cousas. O PP ten maioría absoluta e os antidisturbios xa saíron á rúa en Compostela a aplacar conspiracións…

Ler máis

Renderse a Wilco

O venres 4 de novembro, Wilco tocaron en Vigo. Entre o público había moitas canas, calvas e camisas a cadros. Xente educada e sentada, moi lonxe do que se supón habitual no rock. Pagaron 40 euros e, quizais en consecuencia, aplaudiron a rabiar dende as primeiras notas. A actitude cara o grupo non era normal. Se ben Wilco non son un grupo normal, alí respirábase algo semellante ó fervor…

Ler máis
Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011