Tempos Dixital

A diáspora na literatura galega: da crítica social á visión universal
De Rosalía a Celso Emilio, a emigración galega deixou a súa pegada na obra de grande parte dos autores do país. Desde os melancólicos poemas rosalianos, pasando polas caricaturas de Castelao até a visión máis crítica dun Celso Emilio Ferreiro decepcionado cos seus paisanos na Venezuela, as referencias á diáspora e ao emigrante forman parte do noso imaxinario literario.

Na emigración e no exilio, moitos escritores e artistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor ou Xosé Neira Vilas achegáronse ás entrañas deses galegos que marcharan na procura dun futuro mellor. As Casas de Galicia e os Centros galegos espallados por Sudamérica, que se constituíran como entidades fornecedoras de servizos básicos aos emigrados, remataran por converterse no vínculo entre os paisanos expatriados e os intelectuais que marcharan do país por múltiples razóns. Pero rara vez ese contacto coa intelectualidade ía máis alá de reunións en pequenos círculos de persoas.

Luz Darriba

Luz Darriba (Montevideo, 1954) é filla e neta de emigrantes galegos no Uruguai. Desde os anos 90 vive en Galiza, onde se dedica á arte en moitas das súas facetas, pero a crise fíxoa emigrar outra vez e marchou a Bruxelas. Na capital europea colabora co Centro galego, onde o pasado 27 de Abril celebraron o seu particular Día das Letras Galegas. Alí, Luz explicounos unha realidade que ela viviu en primeira persoa. “A xente da cultura non se achega ás masas, non porque non queira, senón porque non pode -afirma. Hai que ter en conta que no caso das migracións a América do Sur, a primeiros do século XX, a maioría da xente era analfabeta, o que facía esa aproximación moi complicada”. No entorno das Casas de Galiza, os emigrantes xuntábanse para resolver asuntos cotiáns, como o acceso á sanidade ou aos servizos sociais, “cousas que precisaban máis que a cultura”.

A principios do século XX, a maioría dos emigrantes eran analfabetos. A aproximación á cultura era moi complicada

Porén, os froitos dese traballo estanse vendo nos últimos vinte anos. Moitos dos netos, e mesmo fillos deses primeiros desterrados comezan a reivindicar nestas dúas ou tres décadas a súa galeguidade. “Isto ten que ver co boom que viviu a cultura galega nos anos oitenta, sobre todo a través da música e da moda -cóntanos Luz-, pero tamén co feito de que esta xente moza está máis preparada e ten un maior coñecemento do país do que saíron os seus devanceiros”. Así, non é de estrañar que moitos deles se interesen agora por aprender o idioma ou as danzas da Galiza.

Nova emigración de carácter universal

Xavier Queipo

Pero a este fenómeno reivindicativo nado entre as terceiras e mesmo cuartas xeracións de galegos emigrados, únese a realidade da nova diáspora, mozos xeralmente cualificados que marchan ao estranxeiro por necesidade, nalgúns casos, pero por seguírense formando e vivir experiencias enriquecedoras na maioría. Xavier Queipo (Compostela, 1957), licenciado en Bioloxía e Mediciña e escritor, foi un precursor desta nova emigración que el chama “hemigración” -pois son emigrantes a medias; xente que sempre ten un pé no país-. Neste senso, como apunta Queipo, “a emigración mudou en moitos aspectos”. Para empezar, porque Internet permite estar ao día do que acontece e das novidades culturais que hai sen necesidade de estar presente, e para seguir, “porque as comunicacións aéreas fan máis accesible regresar unha ou varias veces á terra durante o ano”. Así pois, esta situación está a mudar notablemente o papel que os Centros galegos xogaron nun pasado, pois os actuais galegos do exterior non precisan deles para acomodarse no novo país nin para manter os vínculos coa terra.

Os centros galegos deben ofrecer aos novos emigrantes eventos cos que se sintan identificados

Queipo pensa que as Casas de Galicia pertencen a día de hoxe “ao pasado”, vivindo nunha aproximación “gastronómico-folklórica” á realidade galega, e con respecto á literatura, os que actualmente desenvolven a función de achegamento cultural, a través de conferencias, simposios, etc., son os centros de estudos que hai nas universidades de varios Estados, especialmente as europeas e americanas.

Helena Villar e Xesús Rábade

Luz Darriba cre, na mesma tendencia, que a función destas Casas de Galicia debe ser replantexada de xeito que ofreza aos novos emigrantes actividades e eventos cos que se sintan identificados. Na procura dun maior achegamento ás novas xeracións de “exiliados”, como dicíamos antes, o Centro galego de Bruxelas conmemorou por adiantado o noso Día das Letras, contando coa presenza dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, que fixeron un memorándum da literatura galega desde que Rosalía publicara aquel 17 de maio de 1863 os nosos Cantares Gallegos. A partir da obra da poetisa padroense, Villar Janeiro e Rábade Paredes reflexionaron sobre a impronta que a diáspora ten deixado no sentir dos escritores patrios, erixidos moitas veces en portavoces do sentir popular. Pero que papel xoga hoxe a emigración en tanto que temática na literatura galega contemporánea? “Moi importante -asegura Luz Darriba, porque a literatura é un exercicio da alma e a emigración é un fenómeno galego que está na alma”. Pero segue a ser a emigración de antano a que aínda se reflicte con forza na escrita actual. E que hai da nova diáspora? “Os escritores que viven na Galiza hoxe en día son moi viaxeiros e fan unha literatura galega de carácter universal”, apunta Helena Villar Janeiro. Unha literatura galega vista desde fóra e para fóra.

O emigrante galego do século XXI pouco ten que ver co de principios ou mediados do XX. Social e culturalmente pertencen a mundos ben diferentes, pero cunha orixe común. A emigración galega tradicional nutriu e nutre a obra narrativa e poética do noso país, aínda non sendo os propios emigrantes conscientes diso moitas veces. Pola contra, as novas xeracións, tendo un maior acceso ao coñecemento académico da súa cultura, vive nun mundo global no que as diferentes experiencias enriquecerán a futura narrativa. Cal é o futuro da literatura con respecto á nova diáspora? Abrirse ao mundo.

Fai teu o galego!
Carlos Callón

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.

A pesar dos obstáculos, hai un método infalíbel que che permitirá ser capaz de falar un bo galego, con corrección, fluidez e comodidade. Velaquí a regra de ouro para o conseguires, mesmo moito antes do que imaxinas: “Fálao!”

A falar apréndese falando. É o máis sinxelo e, tamén, o máis complicado. Se non te soltas, de nada serve que tentes aprender no papel. Mesmo hai xente que ten cursos de galego e que nunca o utiliza. É como ter o carné de conducir e non sacar o carro do garaxe.

Xa sei que non é o mesmo dar este paso de vez segundo cales sexan as túas circunstancias. Será máis doado, claro, se no teu contorno escoitas bastante o galego que se non é así. No entanto, tampouco te confundas. Moitas veces non escoitas moito falar en galego porque ti non o usas. Dito en positivo: Desde que fales en galego, comezarás a escoitalo moito máis ao teu redor.

Selecciona o momento, próximo no tempo, en que te soltes a usalo. É como cando te vas lanzar á auga. Se te paras a meditar moito, o salto máis sinxeliño parecerache complicadísimo. Bótate!

Se non tes hábito de falar en galego, talvez ao principio te sintas como cando escoitas a túa voz gravada e parece que non fose a túa. Quizais te preguntes se vas perder matices, claridade ou fluidez. Ten pacienciña: é todo cuestión de hábito e, en moito menos tempo do que agora che parece, non lle verás ningunha incomodidade, senón ao contrario. Tampouco teñas medo aos erros. Coa práctica has cometer menos e ademais… Temos dereito a equivocarnos! Nunca esquezamos que eses nosos erros lle dan nova vida ao galego.

Sentires seguridade coa lingua dependerá da túa capacidade para creares oportunidades para a falares. Podes facer unha listaxe das persoas con quen supós que che será máis doado. O habitual é sentirmos menos vergoña para pasar a falar un novo idioma con persoas que non coñeciamos de antes. Ou talvez para ti non sexa un tema de persoas senón de ámbitos? Pénsao e toma a decisión de a ires introducindo desde xa alí onde o vexas máis fácil. Nesa liña, podes iniciar en galego as novas relacións. Aproveita os chamados espazos de transición: do instituto á universidade; un novo traballo; algunha viaxe…

Do que non cabe dúbida é de que falando en galego terás outra experiencia diferente de Galiza e do mundo. Porque un idioma non é só un vehículo de comunicación, senón tamén un xeito de entendermos, de nos relacionarmos co medio, de recibirmos tradición e historia, etc.

O futuro do galego está nas mans de quen aínda non o fala. O galego é de quen o quixer. Tamén pode ser teu, tivéselo ou non como primeiro idioma. Faino teu!

El veloz murciélago…
Alba Cid

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…

Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras.

Activando o noso senso crítico, invítovos a lembrar unha previsualización dunha fonte tipográfica en galego… Eh!? Efectivamente: algún pangrama temos, pero non está rexistrado na nosa memoria, ao contrario do que acontece co exemplo castelán ou inglés (o portugués recorre á orde alfabética). Habítanos a interferencia. No eido lingüístico, moldéanos a interposición. Parece que nos vemos obrigados a perpetuar o esixente xogo dos pangramas: reducir palabras, fraseoloxía, ámbitos de uso, imaxinarios…

A “liberdade” é a primeira interferida: cal é a marxe de escolla dunha cativa nada nun contexto monolingüe castelán, que medrará apoiada nun mundo de referencias vehiculadas masivamente na súa lingua (ensino, consumo, medios de comunicación…)? Canto de intersticial ten a liberdade dun empregado nunha empresa cunha política lingüística non favorábel ao galego, se sabemos que o traballo é unha das concrecións da vida máis propicia ás relacións de poder?

A “herdanza” non está menos interferida: a perda da transmisión xeracional do galego demóstrao. A lingua materna é o vehículo privilexiado da articulación familiar e histórico-cultural. “Empalabrámonos” e accedemos á memoria xenealóxica, á identidade, ao mundo. Resulta vital non recuar nos espazos da intimidade para a lingua, que foron noutrora esteo do galego.

Nos últimos anos, tamén os discursos están interferidos. Asistimos a unha apropiación interesada e «contraria» dos termos do debate: “bilingüismo”, “liberdade” e “imposición” empréganse como frechas contra o galego, cando deberían tensarse, redefinirse e enunciarse lexitimamente desde os músculos do idioma minorizado. Algunhas institucións e grupos sociais seguen a producir normas e etiquetaxes falaces. Ante isto, cómpre tomar consciencia de que a linguaxe como intercambio, como enorme Lego da(s) realidade(s), é unha forma de acción. As linguas non só son trazo básico da sociabilidade, senón que son produtos. Precisamente por iso é responsabilidade nosa religarnos a outras metas de xustiza a través da lingua escollida. Coma Lois, temos «permiso para que nada humano nos sexa alleo»: a loita das mulleres, a do medio ambiente, a dos dereitos humanos…

Lealdade (tamén lingüística) e identidade son fenómenos intimamente relacionados: somos leais a aquilo que nos representa. Pero a proximidade aos afectos non impide a racionalidade nin a pluralidade. A sedución si é unha arma cargada de futuro. O canibalismo intelixente das interferencias, tamén. Por iso quero unha “interminábel procesión” de Xeracións Xabarín, Albas de Groria con máis punk que saudade, moitas follas novas na rede e nas rúas, unha sociedade galega de lomografía e aulas de literatura que gañen hagstags para Manoel Antonio ou Celso Emilio. Quero que sigan xurdindo voces para as indicacións do GPS, que o galego ocupe o cool e as marxes, a cultura popular e a pop, que sexa enclave crítico e tendencia a un tempo. Oes… faite tan atractivo unha boa fonética! Se me deixas, bícote bravú e regueifo contigo os pangramas que virán. Os únicos xogos de lingua nos que “reducir” é aceptábel.

Vilamor: «O aquí e o agora»
Pepe Mansilla

Volver as raíces. Botar unha ollada o pasado, recordar as orixes e deixarse arrastrar pola melancolía. Vilamor (2012, Ignacio Vilar) recolle todos os elementos que poderían considerarse indispensables para retratar problemáticas da sociedade galega: o rural fronte o urbano, a familia fronte a independencia, a imposición e a tradición fronte a liberdade e a capacidade de elección…Unha serie de conflitos que recaen sobre Breixo (Rubén Riós), un seminarista que ó regresar ó seu fogar atópase coa aldea revolucionada por unha comuna asentada nunhas casas abandoadas, o que perturba a tranquilidade do párroco e das autoridades da localidade.

Porque se ben a acción está localizada nunha vila dos Ancares a mediados dos anos setenta, o espírito combativo e independente que representa a comuna hippie de Vilamor atópase máis presente que nunca. Porén, a mirada nostálxica do director contén un cariz tan cándido e idealizado que dificulta que todos os espectadores poidan conectar con ela. Os personaxes enfróntanse ós diferentes conflitos moi superficialmente, sen dar lugar a matices nin gamas de grises entre as eleccións dos protagonistas. Breixo, fascinado por Sonia (Sabela Arán) e o seus pensamentos e estilo de vida ata entón descoñecido na súa, toma decisións e comete actos cunha brusquedade impropia dun rapaz da súa educación.

A comuna, asentada nun refuxio idílico para unha xuventude que non pensa no futuro nin no pasado, co lema de ‘o aquí e o agora’, tamén se enfronta coas súas propias contradiccións, unha constante á que se atopan sometidos cada un dos personaxes, na que sobresae a relación de Breixo e Sonia, unidos polo amor, separados pola súa forma de entendelo. Máis alá da historia de amor que se erixe como o tema principal fronte ó resto, o marco no que se ambienta a historia regala impresionantes imaxes da paisaxe galega. Do verde ó branco polas neves do inverno, as montañas dos Ancares infunden unha atmosfera que marabilla e recorda que non hai que percorrer outros continentes para admirar as localizacións nas que se sitúa Vilamor.

Un último apunte. Non se pode obviar o esforzo fóra das pantallas que se está a realizar coa campaña de promoción da película e a súa curiosa distribución, sucedéndose as estreas nas distintas localidades galegas coa presenza do equipo chegados nunha Volkswagen dos anos sesenta. Vilamor non deixa de ser un canto á liberdade, a xuventude e a Galicia, no que, aínda que non todas as notas soen harmónicas, poucos se lanzan a entoar.

Nem é assim nem é o que há
Joseph Ghamine

Numa cervejaria da rua São Roque, uma boa amiga apanhou-me com o cliché na boca:

– É-che assim. É o que há.

Falávamos das agruras do país:

– Pois nem é assim nem é o que há. Tou cheia de ouvir esse queixume todo o dia.

A cerveja, o sumo e o petisco de salada russa avinagrárom com o automatismo do meu lugar-comum. A acidez no estômago repetiu-me o eterno ecoar dessa mesma retrónica no meu local de trabalho – depois de cada claustro, cada conversa de corredor, cada nova circular educativa.

– É-che assim. É o que há.

Esta mansidão é o que há; há esta pasmaceira do corpo docente.

Pasmaceira por perda de identidade: dado que migramos de trabalhadores para profissionais. Os salários por cima da média e outras regalias encofrárom-nos numa classe amorfa, a resguardo da precariedade doutros empregos. Assim desclassados, ficamos órfãos até da linguagem necessária para nomear os males que agora sim nos abeiram.

Pasmaceira por delegação: que promoveu o sindicalismo burocratizado. Os docentes desistimos de fazer sindicalismo e os profissionais do sindicalismo desistírom das salas de aula. O sindicato deixou de ser referente de luta e tornou-se num mero serviço, consultoria. Das mobilizações rotineiras somos informados polos meios de comunicação.

Pasmaceira por distração: as reivindicações privilegiaram o lado quantitativo do trabalho sobre o qualitativo. Salários, dias de licença e pontuações para concursos importárom mais que o controlo das decisões que atingem o ensino. O barco tinha de ser confortável – tanto dava o rumo que tomasse. Adoptamos o jeito de meros produtores.

Pasmaceira por mimetismo: a contestação foi frouxa e mimética de mobilizações noutros setores. Greves rituais de um único dia, num contexto de privatizações e ataque ao setor público, levárom a um simulacro de ação, se quadra pior do que a própria quietude. Os atos fôrom substituídos por atitudes, gestos inofensivos para o Poder.

Pois é assim, pois é o que há: esta rua sem saída para o ensino público. Vampiros que se apropriam dos recursos de todos, e nós que contestamos paralisando brevemente a produção, como se trabalhássemos uma fábrica de automóveis…Ou que achantamos com a perda de qualidade do nosso trabalho, dando argumentos àqueles que desejam esmagar o ensino público.

No dia 5 de maio, aqui em Lugo, a Associação José Afonso do Porto lembrou-nos que as revoluções começam em ruas sem saída.

Que venha então a formiga e que fure, fure, e fure bem no fundo deste carreiro: com sorte acharemos alguma migalha desse orgulho de trabalhadores capazes de transformarem – e não apenas de se instalarem – graças à força do seu trabalho.

O que nos levaria a um programa de protesto permanente, sem desistir da qualidade do serviço; não procurando apenas a melhoria das condições laborais, mas por cima de tudo a apropriação das ferramentas de trabalho por quem trabalha – a ocupação do próprio destino.

E ouçam já a salada russa, a cerveja e o sumo de ananás, cantarolando – Enquanto há força:

Nem é assim, nem é o que há, caramba!

A dimisión do valedor
Xesús Veiga

Para o presidente da Xunta, as polémicas declaracións realizadas polo Valedor do Pobo na sede parlamentaria só poden ser consideradas como unha demostración da liberdade de expresión que posúe calquera persoa. Semellante simplificación analítica leva implícita unha alarmante consideración a respeito do nivel de intelixencia de quen lea ou escoite esa mensaxe explicativa. Para Núñez Feijoo, o Valedor resulta equiparábel a calquera comentarista ou tertuliano de tal xeito que cando fala –coma neste caso- nun acto oficial no pazo do Hórreo, non merece ser xulgado en función da responsabilidade que ostenta ou do labor que teña acreditado no desenvolvemento do seu papel institucional. Hai que recoñecer que esta teoría presidencial constitúe unha auténtica revolución na doutrina sobre o funcionamento dos sistemas democráticos.

O valedor do Pobo ten como función básica defender os dereitos das persoas diante das Administracións públicas. Debe tramitar as queixas que lle presentan, individual ou colectivamente, e debe esixir unha resposta áxil e congruente por parte dos responsábeis gobernamentais. O que fixo Benigno López na súa última comparecencia parlamentaria atopase nas antípodas dese código de conduta que ten atribuído por prescrición legal. Desculpar as deficiencias observadas na aplicación da Lei de Dependencia por parte do Executivo galego e mesmo suxerir a paralización de tal normativa polas carencias orzamentarias derivadas da crise constitúe un despropósito de tal natureza que resulta pertinente pensar na inmediata presentación da súa dimisión ao fronte da institución que representa.

Esta insólita intervención do Valedor coincide, no tempo, cunha campaña de opinión favorábel á desaparición desta figura no ámbito das CC.AA.Como é sabido, semellante proposta tomou forza a partir da decisión tomada pola nova presidenta de Castela-A Mancha, Dolores de Cospedal, partidaria de suprimir algunhas institucións por razóns de aforro orzamentario. Benigno López coñecía perfectamente semellante estratexia e debía calcular o efecto multiplicador das súas palabras: exhibir unha renuncia practica das funcións que ten conferidas implicaba alimentar o crédito dos que consideran un luxo dispor de mecanismos de control que melloren a calidade do sistema democrático. Se non quería devaluar o prestixio da institución fixo o contrario do que esixía a singular conxuntura social e política pola que atravesamos.

Precisamente agora, cando milleiros de familias galegas viven na incertidume provocada polo grave episodio das participacións preferentes emitidas polos bancos e Caixas, resulta mais necesario que nunca o labor dun Valedor digno de tal nome que denuncie o engano e a falta de control na actuación das entidades financeiras e procure solucións para esa desfeita intolerábel.

Jordi Pujol: «O Estatuto de Autonomía non sería posible sen o traballo de Valentín Paz Andrade»
Jordi Pujol apadriñou a II promoción de Grao de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela. No seu paso por Galicia, o político catalán falou con Tempos Dixital sobre o seu amigo Valentín Paz Andrade ao que coñeceu nos anos da Transición. Os dous formaron parte da Comisión Negociadora da Oposición que pactou a reforma democrática co goberno de Adolfo Suárez. Foron días decisivos para Galicia dos que naceu unha amizade entre Paz Andrade e Pujol que seguiría viva ata a morte do escritor e político galego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Paz Andrade e Pujol na Comisión Negociadora da Oposición (Fotografía do Legado Paz Andrade)

-Como coñeceu a Valentín Paz Andrade?

Foi nos anos 70, sobre todo, no 76, 77 e 78, na transición. Antes eu tivera algún contacto con algún político galeguista, un que acaba de morrer Xaime Isla Couto e algúns outros do que se chama o grupo Galaxia. Coñecín a Valentín cando se constituíu a Comisión Negociadora de Oposición, onde estabamos un representante por cada un dos partidos políticos que naquela época aínda estabamos na clandestinidade, entre eles, un representante por cada unha das nacionalidades históricas: un polo Partido Nacionalista Vasco, un polo catalán, que fun eu, e outro polo galeguista, que foi Valentín Paz Andrade.

-Cal foi o rol de Paz Andrade na Comisión?

O papel de Valentín foi moi importante dentro da súa discreción e da súa maneira elegante de actuar. Naqueles momentos o galeguismo tiña pouca forza en Galicia, pouco empuxe, e polo tanto, tiña risco de non contar, porque aquel foi o momento de discutir sobre o futuro da Constitución, da estrutura do Estado Español. Pero, alí estaba Paz Andrade coa súa presenza, sempre moi discreta e moi digna, pero que defendía a Galicia sempre que fose preciso. El defendeu a posición de Galicia. Tres ou catro anos despois, o movemento galeguista colleu máis dimensión política, dimensión cultural xa tiña, e entón comezouse a falar con forza do Estatuto de Autonomía. Pero, iso, sen o traballo previo de Paz Andrade, sen a súa presenza non sería posible.

Fotografía do Legado Paz Andrade

-Mantiveron o contacto despois daquela época?

Sempre estivemos en contacto. Eu sempre que vin a Galicia visiteino. Era a miña unión con esta terra. El explicábame como era Galicia, a súa economía e as iniciativas que se estaban levando a cabo. Por iso, considérome un amigo de Galicia e só desexo que manteñades a vosa identidade.

-Vostedes tiñan moitas cousas en común, sobre todo, a defensa do progreso?

Galicia nos últimos 40 anos fixo un cambio importante, positivo, un cambio que manifestouse na creación dalgunhas empresas e unha desas é Pescanova, da que Valentín sempre falaba con entusiasmo e ilusión. Galicia colleu forza económica, de modernidade,..queda moi lonxe aquela Galicia rural,…agora os pescadores son Pescanova, unha potencia pesqueira económica.

O café para todos freou a autonomía de Cataluña, de Galicia e do País Vasco

-Que queda do Estado das Autonomías que pensaron na Transición?

No momento da Comisión dos Nove, na que estivemos Paz Andrade e eu, como na Transición pensabamos que habían tres nacionalidades cunha personalidade propia baseada na súa lingua, cultura e historia. Cataluña tivera estatuto na República, os vascos tamén, ao final de todo, e os galegos estiveron a piques de conseguila, aprobouse estudar o seu Estatuto no Parlamento, reunido en Cataluña, en plena guerra. As tres nacionalidades tiñamos antecedentes, consciencia histórica. Naquela época ninguén máis en España plantexábase isto. Logo, xurdiu esta idea do «café para todos», que só fixo frear a autonomía de Cataluña, de Galicia e do País Vasco.

Jordi Pujol no acto de graduación do Grao de Ciencias Políticas

-Agora coa crise económica, hai Autonomías que están dispostas a devolver competencias

As competencias son responsabilidades e obligas. Sobre todo, senon están as cousas ben feitas e o financiamento ben establecido. Todas estas obrigas son difíciles de cumprir. A diferenza entre Cataluña, Galicia e o País Vasco é que teñen unha auténtica vocación de autogoberno. Por iso, asumen responsabilidades difíciles. Outros asumen só competencias que permitan lucimento, non as competencias difíciles. Cataluña ten competencias como a policía, as prisións, iso non o quere ninguén, porque esas competencias non dan votos, son compricadas. Outros din que non queren sanidade porque a sanidade é unha máquina de facer déficit e da problemas. Iso é confundir a autonomía co lucimento, non co servizo á poboación. A autonomía é dar servizo á poboación mediante a policía, a sanidade, non só construindo estradas e entidades culturais. Ser autónomo é ser responsable do benestar da poboación.

-Os desexos de máis autonomía de Cataluña vense truncados coa resolución do Tribunal Constitucional de 2010 sobre o Estatuto de Autonomía de 2006?

A relación de Cataluña con España cambia a partir deste sentenza. Dinnos que a Constitución tense que interpretar dunha maneira na que a nós, como cataláns, non se nos garante a continuidade como pobo, como lingua, como cultura, nin de que non seremos afogados economicamente. Cataluña é un país moi mal financiado, o peor financiado de todo o Estado, cun risco grave de afogamento económico que nos leva a unha perda de empurre económico e sobre todo, unha perda de crear estado del benestar que é unha cousa básica en Cataluña para manter a cohesión do país. A partir da sentenza e da maneira desa sentenza, da política que hai detrás desa sentenza, do PP en boa parte, pero tamén do PSOE, nós, en Cataluña temos a sensación de que temos que enfrentarnos a unha situación de grande hostilidade contra Cataluña.

Tempo de Contos: «Cangas / Ganga»
Ao abrir a antuca abriuse un recordo, India, ribeira do Ganga, enormes parasois de palma reseca, como patelas xigan­tes e invertidas baixo as que os shadus estatuarios, inmóbiles cadanseu asana, gorécense do sol tremendo. Nunha elipse de sombra. Están e non están, están máis ca ninguén, hiperpre­sentes, concentrados no seu respi­rar, no seu sentir todo á vez, o movemento da auga, a luz cegadora, o radioca­sette que axita o aire sufocante coas ondas de táboas e sitares, a xente que baixa ata o río / ata o mar, a refrescarse, pisando con coidado no lodo dos chanzos / nas con­chas trituradas que trouxo a marea, vendo as cores intensas das toallas estendidas sobre os ghats/ os saris postos a secar sobre a area ardente, ou sosti­dos polas puntas por dúas mulleres durante un minuto, abondo para que seque, semellando un cortaven­to tan útil na costa lusa.

Collage de María F. Villamarín

Miran a superficie azulada do mar, os nenos con flotado­res mantéñense preto da beira na auga chocolate gris e chapuzan vixiados polas súas nais, hai moita corrente, vén moi crecido o río, ancho como unha ría, e hai lanchas na marxe, coma sempre, moitas achegáronse para ver a mostraxe de corpos que ofrece a area. Corpos repoludos e brillantes untados de aceites / corpos enxoitos e mouros cunha tea enrolada ao redor.

Nesta hora de calor implacable todo déixase estar inmóbil. Piñeirais tralas dunas, algún posto de piñas e froitas, figueiras enormes, asombrantes, acubillo dos poucos paseantes. Todos queren ver o mar algunha vez / Todos queren visitar Benarés. Á busca da orixe e a fin. Esta praia nunha ría algo de auga doce terá, auga que percorreu terras de interior, que deu o seu caudal para regar e beber, que baixou entre neves dun pasado derretido. É unha praia sagra­da, con algunha pegada dixital do deus que disque se apoiou nela hai moito tempo. Vieiras de peregrino a Benarés.

O shadu baixo a antuca pestanexa e chégalle á retina a imaxe das illas Cíes. A mole de rochas salpicadas de verde. Volve pestanexar e mira o palacio de verán do marahá. Estase a distraer ou estase a durmir, é difícil dicilo con esta calor. Non sabe de onde lle veñen esas imaxes galaicas. Poden vir da patela que o protexe, funcionando como unha antena parabólica de sombra elíptica, transmitindo o pensamento dun home que está na súa mesma postura nunha praia da ría de Vigo, baixo unha antuca de raias verdes, azuis e amarelas. Un frustrado turista que ule cardamomo e canela a ferver co té asemade el ule bronceador, suor e alga reseca mesturados.

Ao acender o televisor para botar a sesta ve a efixie dun home-gravata falante, cambia a un anuncio de lavalouzas, pasa a imaxes subacuáticas de bechos non identificados, logo a un cardume de homes pedaleando arreo, fica con eles, van sincronizados serpeando a estrada sinuosa, maillots de todas as cores, aerodinámicas lentes de sol, escoltados por moita xente que os mira e lles berra. Deixan atrás os arrabaldes e intérnanse nunha cidade, esvaran ata o casco vello, e alí o grupo desfaise, perden ademais da unidade a aparencia homoxénea, xa son outros ciclistas, uns a pedalear con fres­cura -a rapariga con punjabi, os dous rapaces co brazo por riba do ombreiro doutro, o shij con cara de cobrador-, outros a pedalear con esforzo, a carrexar inmen­sos bultos de roupa, latas, verdu­ras e, sobre todo, pasaxeiros, velaí os conducto­res de rickshaws, dende vellos ata nenos, todos co uniforme da miseria, un trapo na cabeza enrolado ou estirado para que empape a suor e protexa do sol, dotis e camisas vellas e sucias. Todo o mundo pedalea, sortea habilmente o caótico tráfico, todos saben moverse en dúas rodas, facendo soar constante­mente o timbre da bicicleta, e dando voces cando iso non abonda.

E a caravana multicolorrr atravesa a histórica cidade e ofrécense vistas dos templos que amosan os seus pináculos entre as casas, facha­das de edifi­cios principais, hoxe xa comidos polo abandono e o tempo, tendas de todo tipo, froiterías prodi­xio de mala­barismo estático, comercios de telas e roupas, o carriño dos nenos que volven da escola e cantan encantados os seus hellous, os outros nenos da rúa cas caixas de tika de cores acid e os paquetes de postais… Pero sobre todo, ante todo, por riba de todo, o pelotón de rickshaw sen dorsal, rickshaw sen maillot, rickshaw a pedal baixo o sol tropical, rickshaw esqueléticos, rickshaw case atléticos de non ser pola dieta de arroz e pouco máis. Escravos das rodas, o seguinte grao despois dos que carrexan ás costas. Na roda das eternas encarnacións tocoulles rodar e pedalear. Meta volante no Dassamedh Ghat, recollan aos seus pasaxeiros.

- Twenty.

- Ten.

- Fifteen.

- Ok!

E logo contra-reloxo ao sol, sol inclemente, sol que refulxe no dente dourado do sorriso espléndido que un rickshaw man lle adica á cámara mentres carrexa un shadu que tamén mira á cámara, fixo, resulta familiar, olla xa con desafío ata pór incómodo ao home, que esperta ca boca seca, sabor de sesta excesivamente longa e sol dándolle na faciana.

Ao acender o chisqueiro para botar un cigarro prende outro recordo. Noite de lume, cacharelas en toda a ribeira. Noite de San Xoán nunha praia, non é un lugar, é un estado, moita xente a pulular, festa e loito, Mani­karnika dunha soa noite, lumaradas para queimar os restos da vida -e que son senón os corpos- mobles vellos, cartóns inservi­bles, lanchas que xa non nave­gan -. Hai quen organiza as fogueiras, quen chora polo que se queima, e quen mira, turis­ta, veciño afastado.

Fumar e ver arder. Ofrecerlle un cigarro a outro. O outro rexeitárao. Xa arderei cando me toque, ou algo así dixéralle, sinalando cun aceno ao ghat onde se amoreaba a leña. Riron. El rira dobremente ao pensar no católico inferno. Todos imos arder dun xeito ou doutro, déronlle ganas de responder. Pero o seu inglés non daba para tanto. Mágoa.

Mentres fuma pensa no churrasco. Só sardiñas esta noite. Chisca un óso abrasado, unha táboa requeimada. Estalan membros calcinados, pero ás formas seguen a verse entre as lapas. Non hai leña abonda para reducir a cinzas estes envoltorios tan resistentes. Ao caerlle un anaco de cinza sobre a perna espida sacúdeo con certa aprehensión, como se fose cinza dun corpo humano. Apura a derradeira calada e vaise, mentres os pícaros lles piden ás nais que os deixen quedar un pouco máis, ata que caia o poste polo menos.

Dez apuntamentos sobre Francia e Grecia
Tras a noite electoral francesa é o momento de analizar como François Hollande conseguiu ser elexido presidente da República francesa tras superar unha longa e dura campaña, unha das máis emocionantes das dúas últimas décadas nas que se bateu con Nicolás Sarkozy, un rival que loitou ata o final e  que perdeu por unha diferenza estreita.

1. Dezaseis anos despois os socialistas franceses volven ao Palacio do Eliseo. Un longo período de retirada motivado pola falta dun liderado á altura do de François Mitterrand, consecuencia dun partido de cadros con demasiada cabeza de medio pelo para unha militancia de base escasa en número –arredor de 150,000. Circunstancia que converteu a cada unha das eleccións internas disputadas, dende as presidencias de 2007, nun auténtico circo de interese mediático consecuencia da cantidade e a diversidade dos concorrentes.

2. Estas eleccións presidenciais de 2012 non foron unha excepción. No mes de outubro de 2011 o Partido Socialista Francés (PSF) celebraba unhas Primarias Cidadáns que, abertas a militantes e simpatizantes, conseguiron mobilizar a 2,8 millóns de votantes. Hollande saíu vencedor das dúas voltas, superando en ambas as ocasións o millón de votos, e acadando na segunda volta o apoio maioritario dos candidatos apeados na primeira quenda. Entre eses apoios estaba o da anterior candidata presidencial, Ségolène Royal, e un sorprendente candidato da ala esquerda como Arnaud Montebourg.

3. Dende a súa proclamación como candidato, François Hollande atravesou unha longa e dura campaña na que, tras un meteórico ascenso nas enquisas, viu como o empurre de Nicolás Sarkozy o apertaba case ata a asfixia. Por exemplo, a empresa de enquisas CSA cifraba o 19 de abril a distancia entre François Hollande e Nicolás Sarkozy en 29 puntos, na noite electoral pasaron a ser seis puntos, e a votación final deixou a distancia en 3,24 puntos. Poucos analistas dubidan, vendo as proxeccións dos últimos días, que con un debate ou unha semana máis Sarkozy tería unhas oportunidades impensables poucos días antes.

4. Que explica este estreitamento das tendencias en intención de voto en tan pouco tempo? Un dos factores está na desmobilización da esquerda. O Front de Gauche de Jean-Luc Mélenchon xogaba como factor estimulante do voto de esquerda, e mesmo Hollande se coidou moito de atacar ou criticar un voto que sabía ía necesitar na segunda volta. Sen embargo, o 11,10% de voto acadado na primeira volta, fronte ao 17,9% do Front National de Marine Le Pen, desinchou as esperanzas dun voto de esquerda mobilizado para a segunda volta. Hollande viuse obrigado a ir a polo voto moderado, desmobilizando á esquerda por un lado, e perdendo competitividade con Sarkozy polo outro.

5. A polarización da campaña tamén favoreceu máis a Sarkozy cá Hollande. O centrar a campaña na economía permitiulle ao candidato conservador despregar unha comunicación eficaz en temas moito máis sensibles para o seu electorado e para o do Front National: inmigración, presión fiscal, reactivación económicas… Sen embargo, Hollande soubo manter unha estratexia distinta e capaz de reorientar os temas cara á dimensión na que os socialistas son máis fortes: relacións laborais, servizos públicos, impostos aos ricos…

6. A influencia do debate celebrado o xoves tres de maio só poderá medirse ben co paso do tempo. Pero o certo é que, nos primeiros momentos logo de acabado, e mentres os medios de comunicación daban como vencedor a François Hollande, as enquisas que se publicarían ao día seguinte rexistraban unha lixeira vantaxe para Sarkozy cun recorte na intención de voto respecto ao candidato socialista de entre medio e un punto porcentual. O venres Francia levantábase coa diferenza máis estreita entre os dous candidatos dende había meses, segundo un estudo de Ifop Hollande convencía ao 53% dos franceses e Sarkozy ao 47%.

7. O resultado final non deixa lugar a dúbidas do discutida que foi a campaña: 51,62% para François Hollande polo 48,38% para Nicolás Sarkozy. As presidenciais máis disputadas e emocionantes dende hai máis de dúas décadas.

8. Agora Hollande debe xestionar unha situación complicada: un país cunha economía moi precarizada nos últimos anos, coas altas expectativas ao seu redor, e unhas promesas claras moi centradas na regulación do sistema financeiro e no compromiso das grandes fortunas –elevando o tipo máximo do IRPF ao 75% ou igualando a tributación por rendas do traballo ou do capital entre algunhas das súas principais propostas neste ámbito. Francia e Europa esperan unha resposta contundente dun candidato desgastado polo seu pasado, e presionado pola súa falta de claridade e escaso liderado.

9. Na mesma noite das presidencias francesas celebráronse as eleccións gregas nas que os dous principais partidos (Nova Democracia e Pasok) sofren contundentes perdas de voto do 14,6% e o 30,7% respectivamente. Nin unha lei electoral favorecedora da alternancia bipartidista, pois regala 1/6 parte dos escanos ao partido máis votado (50 de 300), puido garantir a estabilidade dunha sociedade grega totalmente fragmentada e polarizada. Mentres, forzas extremas como Syriza (esquerda) e Amañecer Dourado (dereita) acadan crecementos históricos -12,2% e 6,7% respectivamente, e outras novas forzas como os Independentes Gregos axuntan un notable consenso popular do 10,6%.

10. A cómoda alternancia bipartidista vese forzada a pactar se quere seguir mantendo a gobernabilidade actual do país. Os inimigos e antagonistas deben atoparse nunha alianza rocambolesca ou levar ao país, practicamente, a repetir as eleccións. Problema, ND e Pasok non suman a maioría absoluta. A bolsa grega cae máis do 10% e, posiblemente, este só sexa o comezo de moitas outras caídas. A estabilidade grega atópase en grave risco.

Manifesto do Día Mundial da Liberdade de Prensa
Asumindo os principios da proclamación polas Nacións Unidas do “Día Mundial da Liberdade de Prensa”, o 3 de maio de 1993, polo que se recoñece unha prensa libre, pluralista e independente, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), na que está integrada a Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, fai hoxe un chamamento aos poderes e institucións públicas e á sociedade para que defendan e promovan a liberdade de prensa, como garantía imprescindible da democracia.

En España coincide este momento cunha grave crise no sector xornalístico, que se traduciu nos últimos catro anos na perda duns 6.000 empregos, o peche de decenas de medios, o aumento do intrusismo, a precariedade laboral xeneralizada e o acoso dos poderes ao noso traballo.

Hoxe denunciamos a existencia de contratos de traballo leoninos e as ofertas de emprego indignas, a negativa dos gobernantes a asumir públicamente as explicacións ante os cidadáns, practicada reiteradamente coas convocatorias de prensa sen dereito a preguntas ou o uso político de concesións de publicidade institucional ou de licenzas de radio e televisión.

Non é menos grave a merma das redaccións, as rebaixas salariais e a substitución de xornalistas experimentados por bolseiros e contratados aos que se lles pagan salarios indignos e que difícilmente poderán resistir as presións dos poderes se o seu posto de traballo pende dun fío, ou a aprobación por parte de institucións de instrucións e normas que cercenan a súa liberdade de expresión e o dereito de información.

Subliñamos o noso compromiso máis firme coa defensa da liberdade de prensa e entendemos que a mellor forma de fortalecela é o exercicio responsable do xornalismo polos xornalistas e editores, baseado no estrito cumprimento das normas éticas e deontolóxicas e en valores como a integridade e o rigor profesional.