Club Tempos Novos

Os SUBSCRITORES da revista TEMPOS NOVOS poden beneficiarse en exclusiva dos servizos especiais aos que poden acceder utilizando este espazo da web, para o que terán que solicitar á xerencia da publicación unha CLAVE individualizada.

En concreto, este espazo vailles permitir:

1.- O acceso a informes,documentos ou informacións de carácter reservado ou de difícil localización noutros ámbitos mediáticos ou institucionais –PARA SABER MÁIS-.

2.- O acceso aos debates descentralizados que TN programará sobre os temas de máis rabiosa actualidade en colaboración con outras entidades do País (asociacións culturais, foros, coordinadoras, grupos de dinamización social, etc.) –OS DEBATES EN VOZ-.

3.- O acceso directo á revista para propoñer temáticas a tratar tanto na publicación en papel como en Temposdixital.com, asi como para remitir, acolléndose ao compromiso de confidencialidade de TN, documentación informativa ou gráfica (fotos e vídeos) sobre situacións a denunciar, activando a interactividade con este medio de comunicación –BUZÓN-.

4.- O acceso a ofertas especiais (libros, Informe Galicia, etc. etc.) con descontos de ata o 50 por cento –TENDA-.

 

Algúns dereitos reservados - Tempos Dixital 2011